A Mondragón Corporación Cooperativa é un grupo de cooperativas e empresas orixinaria do País Vasco e actualmente estendido por outros países. Está considerado o primeiro grupo empresarial de Euskadi e o sétimo de España, así como o maior grupo cooperativo do mundoEroski se convierte en la mayor empresa cooperativa del mundo. El País . Foi fundado polo sacerdote José María Arizmendiarrieta no 1956 e a súa sede central localízase na vila de Arrasate, no Val de Léniz. O 1 de abril de 2008 anunciou que cambiaba a súa marca corporativamente a Mondragón.
A Corporación Mondragón está composta por 264 empresas e entidades que se dividen principalmente en tres sectores: financeiro, industrial e distribución, ademais de abranguer tamén as áreas de investigación e formación. A súa marca máis coñecida é Fagor.
Cooperativas 300px|miniatura|Primeira cooperativa Ulgor, no barrio de San Andrés de Arrasate. Área financeira Caja Laboral: cooperativa de crédito Seguros Lagun Aro: compañía de seguros xerais. Lagun Aro Vida: seguros de vida. Lagun Aro EPSV: mutua de EPSV para os socios cooperativistas da corporación. Lagun Aro Mondragon: servizo mancomunado de prevención de riscos laborais
Área industrial É o máis importante do grupo. Está organizado internamente en varias divisións:
Mondragón Automatización Industrial: empresas de MCC dedicadas á automatización de procesos industriais.
Fagor Automation: Sistema de control numérico (CNC). Visualizadores dixitais de cotas. Sistemas de captación lineais e rotativos. Sistemas dixitais de regulación e motores. Mondragon Assembly: Sistemas de montaxe automático e robótica. Fagor Arrasate: liñas de fabricación e montaxe automáticas. Onapres: prensas hidráulicas.
Mondragón Automoción. Agrupa ás empresas de MCC que pertencen ao sector de compoñentes da automoción:
Cikautxo: Pezas de caucho para fundicións de condución de fluídos, amortecemento, estanquidade e protección. Ecenarro: Parafusos, espárragos, rótulas e pezas especiais. Fagor Ederlan: Brazos de suspensión. Portamanguetas. Cárteres de mecanismos. Cárteres de embrague. Tapas caixas de cambio. Discos. Tambores. Calipers. Tapas de culata. Carcasa diferencial. Caixas de transmisión. F.P.K.: Soportes de montaxe en plástico. Tapas de motor. Cápsulas de insonorización. Maier: Inxección de plásticos. Matrizaría. Acabados: cromado, serigrafía, termogravado, tampografía, pintura, láser. Mapsa: Fabricación de lamias de aluminio. Fabricación de carcasas para bomba de auga. Pezas de aluminio fundidas por baixa presión e gravidade.
Goikide. É o grupo industrial que agrupa as empresas cooperativas naturais da comarca guipuscoana do Goierri. É un grupo que non está formado por empresas do mesmo sector. Urola: envases de plástico.
Mondragón Compoñentes. É un grupo industrial da corporación que agrupa as cooperativas que se adican a fabricar compoñentes, principalmente, para o sector dos electrodomésticos.
Consonni: fabricante de resistencias eléctricas. Copreci: fabricante de termóstatos, presostatos e controis electrónicos para electrodomésticos. Eika: fabricante de resistencias, placas eléctricas de cocción e controis para fornos. Embega: fabricante de compoñentes metálicos e decorativos; xuntas de estanquidade e teclados de membrana. Fagor Electrónica: compoñentes electrónicos para electrodomésticos e automoción. Telecomunicacións e enerxía. Matz-Erreka: elementos de fixación e automatismos para portas e ventás. Orkli: compoñentes de seguridade, regulación e control para sistemas de calefacción, auga quente sanitaria e fluídos. Tajo: transformación de plástico por inxección. Construción de moldes para inxección de plástico.
Construción. É o grupo industrial que agrupa as cooperativas da corporación relacionadas co sector da construción.
Biurrarena: venda, alugueiro e reparación de maquinaria de obra pública. Elur: solución integral de estruturas de madeira en láminas. Etorki: escadrarías de pino insignis. Fagor Industrial: fabricación e montaxe de cociñas industriais. Kide: paneis illantes e portas para cámaras frigoríficas, recintos refrixerados, minicámaras. Lana: taboleiro de encofrar, para mobles, tres estratos e de uso estrutural. Rochman: roletes, instalacións de manutención e máquinas de envase e embalaxe. Urssa: enxeñaría, fabricación de estruturas metálicas.
Elevación. É o grupo industrial que agrupa as cooperativas da corporación relacionadas coa fabricación de ascensores. Electra Vitoria. Fabricación e mantemento de ascensores. Orona. Fabricación e mantemento de ascensores.
Equipamento. Agrupa as cooperativas que fabrican certo tipo de bens de consumo, así como compoñentes eléctricos non asimilábeis aos sectores de automoción ou electrodomésticos. Alkargo: transformadores eléctricos. Becker: Esmaltación e trefilación de condutores eléctricos. Coinalde: fabricante de puntas, arames e mallas metálicas. Dikar: armas de avancarga. Ederfil: fabricante de condutores eléctricos. Eredu: fabricante de mobles metálicos. MccGraphics: empresa de impresión gráfica. Oiarso: equipo sanitario. Orbea: bicicletas. Osatu: equipos electro-médicos. Wingroup: tendas de campaña e aparatos de ximnasia.
200px|dereita Fogar. Agrupa as cooperativas que fabrican bens de consumo destinados ao fogar (electrodomésticos e mobles). Inclúe Fagor Electrodoméstricos, a cooperativa en torno á cal se creou MCC. Coinma: Equipamento integral de oficinas. Danona: fabricante de mobles de chapa e melamina e sofás tapizados. Domusa: fabricante de caldeiras individuais. Fagor: electrodomésticos de liña branca. Gerodan: mobiliario adaptado a anciáns.
Mondragón Enxeñaría e Servizos. Como o seu nome indica agrupa as cooperativas que realizan actividades de enxeñaría e servizos de consultoría, formación etc... Alecop: instalacións eléctricas prefabricadas. Equipamento didáctico técnico. LKS: empresa de consultoría. LKS Ingeniería: Arquitectura e enxeñaría. Mondragón Conet: servizos de . Mondragon Lingua: servizos de tradución e ensinanza de idiomas. Mondragón Sistemas: automática, Informática Industrial e Telecomunicacións. Ondoan: proxectos , especialización en temas de enerxía e medio ambiente.
Máquinas Ferramenta. Agrupa as empresas da corporación que pertencen ao sector da máquina-ferramenta. A principal cooperativa deste grupo é Danobat de Elgoibar e a maior parte delas están agrupadas dentro do Grupo Danobat. Danobat máquina ferramenta. Danobat-Sistemas: maquinaría especial. Máquinas especiais e transfer. Liñas flexibles de mecanizado. Dano-Rail: produtos para o mantemento ferroviario. Doiki: utillaxe de verificación dimensional. Egurko: maquinaria para a madeira: chapeadoras de cantos, perfiladoras, combinadas (chapeadas + perfiladas) e lixadoras. Estarta: fabricante de rectificadoras sen centros. Goimek: mecanizado de alta precisión. Goiti: punzonadoras. Ideko: desenvolvemento e innovación de máquinas ferramenta e sistemas. Latz: brocas e ferramentas de corte. Lealde: tornos CNC. Ortza: maquinaria para a madeira: serras escadradoras e seccionadoras; centros de mecanizado. Soraluce: centros de fresado de columna móbil. Fresadoras CNC de bancada fixa. Centros de mecanizado. Trades radiais.
Sistemas Industriales. Está formado por varias cooperativas que forman o Grupo ULMA.
ULMA: Grupo ULMA. Ulma Agícola: invernadoiros. Ulma CyE: sistemas industrializados para a construción e a embalaxe. Ulma Piping: bridas e fittings. Ulma Hormigón Polímero: prefabricados para a construción. Ulma Manutención: carretillas elevadoras e solucións loxísticas para xestión de almacéns.
Mondragón Utillaxe (útiles para a industria) e Sistemas. Aurrenak: Utillaxe para as diferentes tecnoloxías de fundición de ferro e aluminio no mercado de automoción. Batz: Fabricación de Cuños. Loramendi: solucións completas para a fabricación de maquinaria de fundición e ensamble de partes de aeronaves. Matrici: cuños para automoción. MB Sistemas: enxeñaría para sistemas de montaxe en automoción.
Área distribución Dentro deste sector destaca como empresa principal a cooperativa Eroski. Esta é a principal empresa da corporación MCC, tanto en número de empregados como en facturación. É un dos líderes da distribución alimentaria en España coa súa rede de hipermercados, supermercados, axencias de viaxes, perfumarías, ...
O resto de empresas desta área relaciónanse co sector alimenticio principalmente.
Auzo-Lagun: servizos de restauración a colectividades e pratos cociñados. Limpezas edificios e locais. Servizo integral sanitario. Barrenetxe: cultivos hortícolas en invernadoiros e ao aire libre. Behi-Alde: leite e gando. Xestión de Servizos Residenciais GSR: xestión integral de servizos sociosanitarios para persoas maiores. Miba: pensos compostos. Ferraxería e pequena maquinaria agrícola. Fertilizantes e sementes. Fitosanitarios. Servizo veterinario. Multifood: comida preparada. Unekel: granxa de coellos.
Centros de formación
Mondragón Corporación Cooperativa ten os seguintes centros de ensinanza e formación; entre eles unha universidade privada.
Ikastola Arizmendi: é unha ikastola con varios centros repartidos polo Val de Léniz. Escola Lea Artibai: centro de estudos secundarios (bacharelato e formación profesional), así como de estudos superiores de Enxeñaría de Polímeros. Situado en Marquina-Xemein. Mondragon Unibertsitatea: centro de estudos universitarios. MONE: escola de negocios. Otalora: formación cooperativa e empresarial. Politeknika Ikastegia Txorierri: centro de ensinanza técnica (formación profesional) situado en Derio (Biscaia).
Centros de investigación e I+D
Aotek: automatización e óptica. Ikerlan: proxectos de I+D baixo contrato, para o desenvolvemento de novos produtos ou para a mellora de procesos produtivos. Ideko: desenvolvemento e innovación de máquinas ferramenta e sistemas. Koniker: I+D en conformado e en ensamble. Lortek: Tecnoloxías de unión. M.T.C. (Maier Technology Centre): desenvolvemento e investigación de conxuntos e compoñentes de automoción fabricados con termoplásticos. MIK (Mondragon Innovation & Knowledge): Orona EIC: sistemas de elevación. Polo de Innovación Garaia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Corporación Mondragon Corporación Mondragon - Google Maps
Categoría:Empresas do País Vasco Categoría:Empresas de distribución Categoría:Cooperativas