Un diplomático é calquera persoa que exerza o traballo da diplomacia.

Esta profesión pode exercela nunha misión diplomática, nunha misión consular, ante un organismo internacional, no ministerio de relacións exteriores ó que pertenza, ou destacado ante calquera repartición estatal no interior do seu estado.

Un diplomático debe enfrontar problemas de moi diversa índole. O Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), clasificou no seu momento máis de dez mil temas que podían ser levados por unha chancelería. Por isto, os diplomáticos adoitan especializarse só nalgúns temas.

En España existen diferentes categorías de diplomáticos segundo a escala: embaixador, Ministro plenipotenciario (de 1ª, de 2ª e de 3ª clases), o conselleiro (de só unha clase), o secretario de embaixada (de 1ª, de 2ª e de 3ª clases), e o cónsul.

Categoría:Diplomáticos