Soziedad Alkoholika, tamén coñecido por S.A., é un grupo de música vasco fundado en Gasteiz. O seu estilo musical é definido normalmente como crossover thrash, unión do thrash metal co hardcore punk, e vén da xeira de grupos vascos que trocaron o seu son punk por unhas composición máis metaleiras. Nas letras das súas cancións adoitan saír críticas a temas como o militarismo, o fascismo, o racismo ou o sexismo.

Membros Actualmente, a banda está formada por: Juan - voz Jimmy e Javi - guitarras Pirulo - baixo Roberto - batería

Discografía AnoNomeSeloFormatoDetalles1990 Intoxikazión etílikaDDT MaquetaEn 1995 reeditado por Mil A Gritos.1991 Soziedad AlkoholikaOverdriveCD/LP1992 Feliz FalsedadOverdriveEPDedicado ao "consumo en que vivimos y a la hipocresía que se vive en esas fechas".1993 Y ese que tanto habla...OihukaCD/LP1995 RatasMil A Gritos RecordsCD/LPPrimeiro disco que editaron coa súa propia discográfica, Mil A Gritos Records.1996 Diversiones...?Mil A Gritos RecordsCD/LPTódalas cancións son versións doutros grupos.1997 No intente hacer esto en su casaMil A Gritos RecordsCD/LP1999DirectoMil A Gritos RecordsCDPrimeiro disco gravado co guitarrista Jabi.A canción "Ariel ultra" está dedicada a Aitor Zabaleta, asasinado un días antes tras un partido de fútbol entre o Atlético de Madrid e a Real Sociedad de Fútbol en Madrid.Inclúe dous temas inéditos: "Va bien" e "Cervezas y porros".2000 Polvo en los ojosMil A Gritos RecordsCD2003 Tiempos oscurosLocomotiveCD2008 Mala SangreRoadrunner RecordsCDPrimeiro disco que editaron coa discográfica Roadrunner Records.2009 Sesión#2Roadrunner RecordsCD & LP2011Cadenas de odioBOA MusicCD & LPPublicado o 29 de novembro de 2011.2013Caucho ArdiendoNoiseDigitalEP de 4 cancións distribuído en formato dixital.

Vídeos AnoNomeSeloFormatoOutra información1994Kontzertua GaztetxeanDDT VHSDedicado aos gaztetxes, Gazte asanbladas, fanzines e radios libres.2006 Corrosiva!LocomotiveDVD/CDDVD de ouro (50.000 copias vendidas)

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do grupo Web oficial do grupo en myspace

Categoría:Grupos musicais do País Vasco Categoría:Grupos musicais de thrash metal Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais formados en 1988