A ocarina é un pequeno instrumento de vento, feito de cerámica, sen chaves e xeralmente con oito orificios para os dedos. O timbre varía segundo o tamaño do instrumento.
Historia A orixe da ocarina remóntase á América Prehispánica, os quechuas e aimarás empregaban este instrumento musical, acompañados de quenas, zampoñas e outros instrumentos. A súa fabricación é difícil xa que é de greda e oca no centro, existen diferentes tamaños pero non superan o largo da man. Úsanse en Bolivia, Perú, Venezuela, norte de Chile, norte da Arxentina e toda Mesoamérica.
Etimoloxía miniatura|Varias Xun no Museo das Nacións de Yunnan, China A ocarina actual máis común ten que ver co seu desenvolvemento en Italia, e a súa etimoloxía remite á lingua italiana, sendo ocarina = ganso pequeno, do latín auca (véxase tamén auca e oca), e derivado á súa vez da raíz protoindoeuropea *awi- (ave, ovo).
Outras orixes
América: Na antiga Mesoamérica, un tipo de ocarina era coñecido como "tlapitzalli". China: Na un instrumento chinés similar é chamado "xun". África: En moitas partes de África, os instrumentos similares á ocarina son coñecidos por diferentes nomes segundo a rexión e a lingua.
Modo de uso miniatura|'Carnaval de Venecia'. Ocarina tocada por Mosé Tapiero A orde dos tons nunha ocarina de oito orificios é (de dereita a esquerda): 1 re, 2 mi, 3 fa, 4 sol, 9 mi, 5 la, 6 si, 7 do. Na de catro buratos é: mi, sol, la e si. miniatura|Ocarina vienesa de finais do século XIX Supondo unha ocarina de 8 orificios (6 arriba e 2 abaixo) vista desde arriba, coa boquilla apuntando cara ao executante, tocaríase do seguinte xeito: miniatura|Ocarinas de cerámica nun posto de souvenirs. Nota Orificios superiores Orificios inferiores Dó X X X X X X X X Re X X X X X O X X Mi X X X X O O X X Fa X X X O O O X X Sol X X X O O O X O La X X O O O O X O Si X O O O O O X O Dó O O O O O O X O Re O O O O O O O O
onde: X = Orificio cerrado O = Orificio aberto
Na cultura popular miniatura|Ocarina de cerámica con 12 buratos. Recreación da ocarina do tempo do videoxogo de Zelda. A ocarina é empregada nalgunhas pezas musicais de grupos folk como Milladoiro.
En 1998 no videoxogo The Legend of Zelda: Ocarina of Time e o que lle segue The Legend of Zelda: Majora's Mask, o heroe protagonista, Link, fai uso da Ocarina do tempo, un instrumento máxico que lle outorga distintos poderes ó tocar certas melodías.
Na Dragon Ball cando Tapion usa a súa ocarina para conter o monstro que dorme no seu interior.
Véxase tamén
Instrumento de vento Instrumento de vento-metal Instrumento de vento-madeira
Categoría:Instrumentos de vento