Nicte é o nome dunha divindade grega, a personificación da noite.

Nicte, tamén chamada "Nix", xurdiu espontánea e inmediatamente do Caos primixenio. Procreou ela soa as Hespérides e outras divindades que personifican unha serie de abstraccións: Némese (a vinganza divina), Eris ou Eride (a discordia) e as Moiras (as deusas tecelás do Destino).

Categoría:Deusas gregas