Manuel Oreste Rodríguez López, nado en Randulfe (Paradela) o 11 de decembro de 1934Folleto 'Manuel Rodríguez López, emigrante galego, poeta obreiro' e finado na cidade de Lugo o 13 de febreiro de 1990, foi un poeta, cronista e tradutor galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Rodríguez e Consolación López, moi cedo (1936) foi coidado por persoas alleas pola emigración da súa nai e incorporación a filas do seu pai. Residiu en Barcelona, onde emigrara a súa nai e logo o seu pai, dende os seis anos. Cursou Humanidades e Filosofía no Seminario Diocesano de Barcelona dende 1946 ata 1952. Posteriormente estudou Contabilidade e Lexislación Laboral. Traballou como xefe administrativo do departamento de persoal nunha industria siderometalúrxica (OSSA). miniatura|Manuel Rodríguez López no parque de Rosalía de Castro en Lugo. Ao longo da súa vida demostrou unha gran preocupación pola cultura e por Galicia, tanto na súa longa emigración en terras catalás, onde chegou a ser cronista de todos os actos referidos a Galicia celebrados en Cataluña, coma unha vez establecido en Lugo.

Foi premiado en numerosos concursos literarios. Destacan os primeiros premios de poesía Meigas e Trasgos de Sarria nos anos 1976 e 1980, o Premio Xosé Mª Chao Ledo no III Certame Literario de Vilalba, en 1977, e o primeiro premio do Certame Literario de Begonte en 1985, ano no que a familia se trasladou a vivir a Lugo.

En prosa, acadou o primeiro premio Nós de Barcelona en 1980. En Sarria, mereceron o premio Meigas e Trasgos dous contos seus en 1977 e en 1986. En Barakaldo gañou un premio en 1978. En 1985 e 1987 quedou finalista na sección de Reportaxe dos Premios Galicia de Xornalismo.

miniatura|Centro Socio-Cultural Manuel Rodríguez López. Varios dos seus poemas foron musicados e cantados por Suso Vaamonde, Xerardo Moscoso, Alfredo González Vilela e Mary C. Otero Rolle.

En 1987 retornou a Lugo. En 1989 Diagnostícaselle cancro de vexiga. No ano do seu pasamento (1990), foi nomeado a título póstumo "Fillo Predilecto de Paradela" e "Lucense del año 1989". En 1995 os seus restos foron trasladado ó Panteón de Paradelenses Ilustres.

Legado Manuel Rodríguez deixou un inmenso legado para a Cultura Galega e o círculo emigrante Galego de Barcelona. Tamén influíu ós emigrantes Galegos do mundo. Isto o fixo coa súa obra xornalística e cos seus dous libros "Galegos en Catalunya" I e II. Outro legado que deixou foi o do Certame Literario a el adicado, que axuda financeiramente a autores e autoras que escriben en galego ou castelán.

Foi un asiduo colaborador en medios de comunicación de Galicia, Cataluña e a Arxentina. Foi correspondente de Faro de Vigo e de El Ideal Gallego na Cidade Condal, onde firmaba co seu nome de pía completo. Colaborou asiduamente en El Progreso de Lugo, La Voz de Galicia e Praza Maior (voceiro do Concello de Lugo).

Cronista Oficial do Centro Galego de Barcelona, publicou numerosos artigos nas revistas Boletín, Treboada e Alborada desa entidade. Colaborou en Correo de Galicia e outros xornais e revistas de Buenos Aires e publicou diversos artigos nas revistas galegas Coordenadas e Dorna. Así mesmo foi colaborador en Radio Nacional de España na Coruña e Radio Popular de Lugo, centrándose as súas colaboracións en temas de historia lucense, monumentalidade e viaxes.

Centro Socio-Cultural Manuel Oreste Rodríguez López En 1990 inaugurouse a Casa de Cultura de Paradela "Manuel Rodríguez López" e, no 2001, o novo "Centro Socio-Cultural Manuel Rodríguez López" onde se celebra o Certame. O centro ten facilidades bibliotecarias e contén un Salón e ordenadores xunto a espazo social que esta dispoñible para a comunidade. O Premio Literario Manuel Oreste Rodríguez López vense celebrando alí dende o ano 1995 organizado polo Concello de Paradela. A última e décimo-sétima edición celebrouse no ano 2012. miniatura|Biblioteca do Centro Socio-Cultural. Vida persoal

Casou con Irene López Gómez (O Páramo), e foi pai de dous fillos.

Obras

Poesía Poemas populares galegos (1968). Lugo: Ediciones Celta. Saudade no bulleiro (1970). Lugo: Ediciones Celta. Soldada mínima (1979). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 9788474920154. Onte e hoxe vivencial (1995). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-772-6. Manuel Rodríguez López. Poesía completa (2009). Culleredo: Espiral Maior. Edición e limiar de Darío Xohán Cabana. ISBN 9788492646302. Manuel Rodríguez López. Antoloxía Poética (2014). Edición de Xesús Alonso Montero e Santiago Rodríguez López.

Prosa Reencontro coa aldea (1983). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 9788474921656. Galegos en Catalunya 1978-1982 (1983). Publicacions do Centro Galego de Barcelona. Prólogo de Manuel Casado Nieto. Galegos en Catalunya-2 (1985). Centro Galego de Barcelona, coa colaboración do Centre de Documentació de les Cultures de les Comunitats Autònomes, del Departament de la Presidència de la Generalitat de Catalunya. Viaxes con Ánxel Fole (1988). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-8474923940. Festa da Virxe das Dores de Paradela 1989 (1989).

Teatro

Vivimos unha longa traxedia.

Traducións

Volta a España a pé (1990), tradución ó galego do libro de Manolo Silva A Atlántida (1995), tradución ó galego do poema épico catalán de Jacint Verdaguer.

Libros publicados na Biblioteca Virtual de GaliciaDixital Lugueses (2020) Semblanzas de galegos ilustres (2020) Vacacions en Galicia: Vivir Galicia (2020) Vivimos unha longa traxedia (peza teatral) (2020)

Colaboracións en libros colectivos Homaxe ó Che (1970) A Nosa Terra (de "Libro de Oro", no centenario de Ramón Cabanillas) (1976) Homenaxe multinacional a Castelao (1976) Galicia no ano 1979 (1979) José Mª Acuña (1983) Os escritores lucenses arredor de Fole (1986) Voces poéticas (1987) Paradela y su concello (1990) Aliad-Ultreia. Poesía. Pintura (1993)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Marcial González Vigo e Xulio Xiz (1983). Medio cento de galegos e Rosalía. Olegario Sotelo Blanco (1983). 88 gallegos: una tierra a traves de sus gentes.

Xulio Xiz et al. (1993). Un paso de poesía. Poesía Galega 1961-1975 (libro e vídeo VHS).

Xosé de Cora (1997). Diccionario de Fole. Xosé Lois García Fernández (1999). Alén do azul. Unha ducia de poetas galegos en Catalunya. Manuel Blanco Castro (2000). Vida e obra de Manuel Rodríguez López. Xulio Xiz (2007). O Corgo, amplo horizonte. Olegario Sotelo Blanco (2011). Migració gallega a Catalunya. GaliciaDixital (2014). Manuel Rodríguez López, emigrante galego, poeta obreiro . Ángel Fernández López (2016). Paradela no tempo: vínculos con Portomarín. Santiago Rodríguez López (2018). En torno á parábola das cereixas de Xulio Xiz Biblioteca Virtual de GaliciaDixital Santiago Rodríguez López (2018). Poemas populares galegos. Edición especial 50 aniversario 1968-2018. Varios autores (2018). Manuel Rodríguez López 25 anos despois . Santiago Rodríguez López (2019). A Paradela de Manuel Rodríguez López. Antonio Giz Paz e Santiago Rodríguez López (2020). Exposición itinerante Manuel Rodríguez López 2013-2020.

Outros artigos Centro Socio-Cultural Manuel Rodríguez López Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López Ligazóns externas Páxina web oficial de Manuel Rodríguez López Un paso de poesía. Poesía Galega 1961-1975 Galegos.info en Galiciadixital Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López na Biblioteca Virtual Galega.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Paradela Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Paradela Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 1990