Lars Onsager, nado en Oslo en 1903 e finado en 1976, foi un químico e profesor universitario estadounidense de orixe norueguesa. Foi galardoado co Premio Nobel de Química o 1968.

Traxectoria Naceu na cidade de Oslo, capital actual de Noruega pero que naqueles momentos estaba unida ao Reino de Suecia baixo o dominio persoal de Óscar II de Suecia, pero coa súa propia Constitución e goberno.

Estudou enxeñería química no Instituto Tecnolóxico de Noruega situado na cidade de Trondheim, onde se graduou en 1925.

En 1928 viaxou a Estados Unidos para aceptar a oferta da Universidade Johns Hopkins de Baltimore para converterse en profesor de química, cargo que abandonou ao final do primeiro semestre ao observar que non tiña talento para a docencia. Posteriormente ingresou na Universidade de Brown en Providence e na Universidade Yale, onde foi profesor desde 1933 a 1972, e onde obtivo o doutoramento o 1935.

Onsager conseguiu a nacionalidade estadounidense en 1945. Morreu o 5 de outubro de 1976 na súa residencia de Coral Gables, cidade situada no estado norteamericado de Florida.

Véxase tamén Premio Nobel de Química Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1968 Biografía na páxina do Instituto Nobel 1968

Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Nados en Oslo Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:National Medal of Science Categoría:Profesores da Universidade Yale Categoría:Alumnos da Universidade Yale