Xerusalén (, ; , ; , ), é unha cidade do Medio Oriente reivindicada como capital tanto por Israel (actual administrador) coma polo Estado de Palestina. Localizada nunha meseta nas montañas da Xudea entre o mar Mediterráneo e o mar Morto, é unha das cidades máis antigas do mundo. Considerada sagrada polas tres principais relixións abrahámicas — xudaísmo, cristianismo e islamismo. miniatura|Xerusalén: Muro das Lamentacións e a Cúpula da Rocha Durante a súa longa historia, Xerusalén foi destruída polo menos en dúas ocasións, asediada 23 veces, 52 veces atacada, e capturada e recuperada en 44 ocasións. Segundo Eric H. Cline en Jerusalem Besieged. A parte de Xerusalén coñecida como Cidade de David foi establecida no cuarto milenio antes de Cristo. A cidade foi coñecida como "Urusalima" nas antigas táboas cuneiformes mesopotámicas, probablemente significando Cidade de Shalem, en honra a unha divindade caanita, durante os primeiros anos do dominio dese pobo. Durante o período israelita, comezouse unha significante actividade construtora que comezou cara o século IX a. C., e durante o século VIII a. C. a cidade desenvolveuse ata converterse no centro relixioso e administrativo do Reino de Xudá. En 1538, reconstruíronse as murallas da cidade, durante o reinado de Solimán o Magnífico. Hoxe en día estas murallas definen o perímetro da Cidade vella, que tradicionalmente está dividida en catro cuartos desde o século XIX. A Cidade vella foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1981, e está incluída na lista de patrimonio mundial en perigo. Desde 1860 Xerusalén creceu máis aló das antigas murallas. En 2015, a cidade tiña unha poboación de 850 000 residentes, dos cales 200 000 eran xudeus israelís seculares, 350 000 xudeus ultraortodoxos e 300 000 palestinos. miniatura|Reconstrución do templo de Salomón O status da parte oriental da cidade, conquistada en 1967 por Israel, está disputado, xa que neste sector —referido habitualmente como Xerusalén Leste ou Xerusalén Oriental, que inclúe a Cidade vella— é onde o Estado de Palestina pretende establecer a súa capital. Israel discute as reclamacións palestinas e, trala Guerra dos Seis Días, considera a cidade como un todo unificado e un mesmo municipio, declarándoa como a súa capital "eterna e indivisible" mediante a Lei de Xerusalén en 1980. Esta anexión provocou un amplo rexeitamento na comunidade internacional, materializado na resolución 478 do Consello de Seguridade da ONU, que a considerou contraria ao Dereito internacional,El Estatuto jurídico-internacional de Jerusalén, por Alfonso J. Iglesias Velasco, profesor asociado de Derecho Internacional Público Universidad Autónoma de Madrid. e en sinal de protesta por este acto unilateral os Estados membros das Nacións Unidas acabaron por trasladar as súas embaixadas a Tel Aviv, tal como pedía a resolución.
Toponimia Nuns textos de execración da época do Imperio Medio de Exipto, cara o século XIX a. C. aparece mencionada unha cidade chamada Rušalim que é amplamente, máis non de xeito unánime, identificada con Xerusalén. Nadav Na'aman, Canaan in the 2nd Millennium B.C.E., Eisenbrauns, 2005 pp.177ff. ofrece unha opinión diferente, argumentando que para a transcrición Rôsh-ramen, etimoloxilazada a r'š (cabeza) e rmm (exaltación), para significar a Cabeza exaltada e non se refire a Xerusalén.G. Johannes Botterweck, Helmer Ringgren (eds.) Theological Dictionary of the Old Testament, (tr. David E. Green) William B. Eerdmann, Grand Rapids Michigan, Cambridge, UK 1990, Vol. VI, p. 348 A cidade aparece recollida como Urušalim nas cartas de Amarna de Abdi-Heba (cara o 1300 a. C.).
O nome Xerusalén enténdese etimolóxicamente como "fundación (do sumerio yeru, 'asentamento'/semítico yry 'fundar, deitarse') do deus Shalem"Meir Ben-Dov, Historical Atlas of Jerusalem, Continuum International Publishing Group, 2002, p. 23.. Este deus foi a deidade orixinal durante a idade de Bronce na cidade.G. Johannes Bottereck, Helmer Ringgren, Heinz-Josef Fabry, (eds.) Theological Dictionary of the Old Testament, tr. David E. Green, vol. XV, pp. 48–49 William B. Eeerdmanns Co. Grand Rapids, Michigan/Cambridge UK 2006, pp. 45–6
A forma hebrea Yerushalem ou Yerushalayim (Xerusalén) aparece por primeira vez na Biblia, no libro de Xosué. Segundo un Midrash, o nome é unha combinación de "Yireh" ("a morada", o nome dado por Abraham ao lugar onde tiña que sacrificar ao seu fillo) e "Salem" ("Lugar de Paz", dado polo Sumo Sacerdote Sem) polo que ambos nomes estaban unidos por Deus.Ginzberg, Louis (1909). The Legends of the Jews Volume I: The Akedah (Translated by Henrietta Szold) Philadelphia: Jewish Publication Society.
En árabe, Xerusalén coñécese habitualmente como , transliterado como al-Quds e significa "A Santa" ou "O Santo Santuario". A política oficial do goberno de Israel prefire o uso da forma , transliterada como Ūršalīm, máis afín ao nome hebreo, para que sexa utilizada en árabe como nome para a cidade xunto ao de al-Quds (Ūršalīm al-Quds). As familias árabes palestinas orixinarias da cidade refírense a miúdo a ela como "Qudsi" ou "Maqdisi", mentres que os xerosolimitanos palestinos musulmáns usan estes termos como o xentilicio.
Demografía No 2012, tiña unha poboación de 933 113 habitantes. A súa aglomeración urbana terá preto de 1088 mil habitantes. É unha cidade moi heteroxénea onde están representados grupos dunha vasta diversidade relixiosa, nacional e sócio-económica. A chamada "cidade vella" está rodeada de murallas e está dividida en catro partes: a xudaica, a cristá, a armenia e a musulmá.
Evolución da poboación Ano Xudeus Musulmáns Cristiáns Total 1525 1000 3700 ? 4700 1538 1150 6750 ? 7900 1553 1634 11,750 ? 12,384 1562 1200 11,450 ? 12,650 1844 7120 5000 3390 15,510 1876 12,000 7560 5470 25,030 1896 28,110 8560 8750 45,420 1922 34,000 13,400 14,700 62,600 1931 51,200 19,900 19,300 90,500 1944 97,000 30,600 29,400 157,000 1948 100,000 40,000 25,000 165,000 1967 195,700 54,963 12,646 263,307 1980 292,300 ? ? 407,100 1985 327,700 ? ? 457,700 1987 340,000 121,000 14,000 475,000 1990 378,200 131,800 14,400 524,400 1995 482,000 164,300 16,300 662,600 1996 421,200 ? ? 602,100 2000 448,800 208,700 ? 657,500 2004 464,000 ? ? 692,000 2012 933 113
Historia
Xerusalén atópase a só vinte quilómetros de Xericó, que se considera o primeiro asentamento protourbano da historia (c. 8000 a.C.), e na ruta dende este primixenio enclave ao Mediterráneo (50 km). Non é por conseguinte estraño que os outeiros polos que se estende a cidade fosen dende tempos moi remotos lugar de actividade humana.
miniatura|A cidade en 1900 dende o Monte dos Olivos
Orixes En concreto xa antes do 3000 a.C., no contorno do manancial Gihon nas abas do monte Ophel (un esporón ao sur da actual explanada das mesquitas ), aparecen achados dun primitivo poboamento que, a partir daquela data, indican un reasentamento permanente (olaría, casas rectangulares, sepulcros escavados na rocha). Ese vai ser o lugar da primeira Xerusalén.
Será ao redor do 2000 a.C. cando, despois de que na segunda metade do terceiro milenio non haxa apenas restos de actividade no enclave (posible destrución por conquistadores), reaparece reconstruída unha cidade-estado cananea co nome, segundo textos exipcios, de Rushalimum ou Urusilimu. Ao principio coma unión de varias tribos cada cal co seu líder, e unha centuria máis tarde cun rei.
É xa a cidade que en hebreo na Biblia se denomina Yerushalem (fundada por Shalem, divindade amorrea, ascendencia dos cananeos), onde Abraham tivo un encontro co seu rei Melquisedec.
No monte ao norte da cidade, chamado Moria, Abraham sacrificou un carneiro no canto do seu fillo Isaac. Andando o tempo será un dos lugares tidos por máis sagrados.
A cidade cananea era un centro importante cun recinto ben fortificado que abrigaba tamén o manancial Gihon (onde se erixía unha forte torre defensiva miniatura|Manancial Gihon. Fóra de murallas existían dous lugares sagrados: un ao norte, no monte Moria, dedicado a Shalem; e o outro na situación do actual Santo Sepulcro.
Ata o século XIII a.C. parece que houbo un estancamento e progresivo declive, coincidente coa posible chegada dos Pobos do mar e incendio da cidade. Para cando chegaron as tribos xudías á rexión, volvía a ser unha praza forte en mans dos xebuseos (pobo amorreo tamén). A cidade era pequena pero ben protexida cunha cidadela no nortehttp://www.bu.edu/mzank/Jerusalem/mp/periodic/jebusite.gif. Os xudeus asentáronse nas inmediacións sen atacala.
Cidade de David e Templo de Salomón Con todo, cara ao 1000 a.C., o rei David da tribo de Xudá conquista a cidade e faina capital das doce tribos de Israel, nun principio como lugar neutral de compromiso para o resto.
Unha segunda decisión transcendental para a historia da cidade foi elixila tamén capital relixiosa, trasladando ao monte Moria o Tabernáculo coa Arca da Alianza. A súa idea era construír alí un templo para albergala, pero a tarefa recaerá no seu fillo Salomón. O que si fixo David foi levantar un pazo onde se situaba a cidadela xebusita (o lugar chamado Millo).
O rei Salomón estende a cidade dobrando o seu tamaño. Constrúe un complexo pacego no Ophel, entre a vella cidade amurallada e a nova explanada ao norte, onde inicia a erección do primeiro Templo de Xerusalén (960 a.C.). A descrición bíblica, da que non quedan restos, fala da gran suntuosidade dos materiais empregados na construción do conxunto (artesáns e materiais de Tiro, cedros do Líbano), separado do resto da cidade por unha muralla .
En 922 a.C., as disensións internas deixan a Xerusalén coma capital só do reino de Xudá. Porén, comeza un período de máis de tres séculos de expansión urbana e crecemento da poboación (refuxiados do reino escindido de Israel ao norte) no que se converte nunha verdadeira cidade, centro relixioso de primeira orde. O desenvolvemento realízase cara ao oeste salvando o val do Tyropoeon, e baixo o reinado de Ezequías (727 a.C.-698 a.C.) arrodéase dunha forte e ancha muralla http://www.bu.edu/mzank/Jerusalem/mp/periodic/1st_temple.jpghttp://212.179.31.105/images/Uploaded/ariel%20center-model%20of%20Jerusalem.jpg. A outra grande infraestrutura desta época pretende garantir o abastecemento de auga dende o manancial Gihon, para o cal escávase un canal subterráneo ata a punta sur da cidade, onde se acumula nunha cisterna (a piscina de Shiloé) http://hitch.south.cx/HezekiahsTunnel-Plan.gif ][http://hitch.south.cx/ba8.jpg .
Conquista Babilonica No 586 a.C. os babilonios toman e arrasan a cidade queimando o Templo de Salomón. Amnistiados polo rei Ciro II de Persia no 538 a.C., os xudeus regresan e reconstrúen Xerusalén, erixindo un novo Templo (516 a.C.) no mesmo lugar e coas mesmas dimensións pero sen o complexo palacial que o separaba do pobo http://www.bu.edu/mzank/Jerusalem/mp/periodic/nehemiah.jpghttp://ecx.images-amazon.com/images/I/61G6BPENFBL._SL500_AA240_.jpg. Convértese nun lugar de peregrinación.
De calquera maneira, a agora capital de provincia persa permanece pequena en comparanza co que foi. Aínda cando Nehemías reconstrúe as vellas murallas do oeste (435 a.C. ). Nesta época constrúese tamén unha fortaleza (HaBirah) na vulnerable esquina noroeste do monte do Templo.