Barsowia foi un fanzine editado polo colectivo Polaqia e dedicado á banda deseñada. A súa liña editorial apostaba por unha BD de estética alternativa fuxindo das limiatacións das orientacións máis comerciais. O seu primeiro número publicouse no verán de 2003 e desde entón saíron varios números nos que colaboraron diversos artistas galegos da novena arte como David Rubín, Brais Rodríguez, Jano ou Kike Benlloch. Editáronse polo menos 15 números, nos que chegaron a acadar o centenar de páxinas con obras de autores galegos e estranxeiros.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Banda deseñada Golfiño BD Banda Polaqia

Ligazóns externas Páxina oficial do colectivo Polaqia

Categoría:Revistas de banda deseñada editadas en Galicia‎