Fernan do Lago foi un xograr ou trobador galego do século XIII.
Traxectoria Algúns investigadores sosteñen que en realidade éFernando Esquío. No século XIII había nobres co mesmo apelido na zona de Ferrol.http://catedra.pontedeume.es/14/catedra1410.pdf P.187 (3 de 35) O apelido pode indicar a súa procedencia no canto da súa liñaxe como, por exemplo, Bernal de Bonaval ou Johan de Requeixo. Na súa cantiga menciona o santuario de Santa María de Lago, podendo corresponder a unha localidade da comarca do Salnés, aínda que existen varias localidades con ese topónimo tanto en Galicia como en Portugal. Pola posición que ocupa nos cancioneiros o máis probable é que fose un xograr. Tamén pola súa colocación nos cancioneiros é posible que estivese activo na época de Don Dinís.
Obra Consérvase unha cantiga de amigo, pertencente ao subxénero das cantigas de romaría.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Fernando Esquío
Categoría:Trobadores en galego-portugués