Xoán de Requeixo, Xohán de Requeixo ou Johan de Requeixo foi un xograr galego de finais do século XIII. Levan o seu nome un colexio e a biblioteca municipal de Chantada.

Existen discrepancias sobre o lugar do seu nacemento, aínda que o seu nome e a súa obra conservada inducen a pensar que naceu na parroquia de Santiago de Requeixo. Antonio Rei Somoza sitúao nunha concesión foral de 1247 que realiza o abade de Oseira ao seu favor.Vázquez García, Tania, Johan de Requeixo, xograr esquecido das terras de Asma, Alicerces. Revista de Estudos do Miño Medio, 2, 2017, p. 155. https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/15775 O escritor Xosé Lois García Fernández sostén que era un sacerdote da parroquia de Requeixo.Xosé  Lois GARCÍA FERNÁNDEZ, Os trobadores das terras de Chantada, Sada, Ediciós do Castro, 2001, p. 44

No 2004, grazas á iniciativa da Asociación Xohán de Requeixo, erixíronse cinco monólitos cos poemas conservados deste poeta medieval.

Obra É autor de cinco cantigas de amigo, todas cantigas de romaría, en torno ao santuario de monte Faro en Chantada.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo. Ed.: Comisión organizadora Homenaxe a Xohán de Requeixo (Xosé Méndez López / Xosé Lois García). Barcelona, 2003 (inclúe CD). Campo; Caride; Gómez Alfaro; Mero; Ínsua; Manuel María; Neira Vilas; Novo; Miranda; Otero; Rábade; Rabuñal; Valcárcel; Vázquez Pintor e Villar; García; Cunqueiro; del Caño; Montero; Mini.

Outros artigos Literatura medieval galega

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia