A República Popular Soviética de Bucara (en ruso: Бухарская Народная Советская Республика) foi unha república soviética de curta duración que rexeu o antigo Emirato de Bucara (hoxe en día situado Uzbekistán) durante o período inmediatamente posterior á Revolución rusa, de 1920 a 1924. Máis tarde pasou a formar parte da República Socialista Soviética de Uzbekistán.

Categoría:Primeiras repúblicas soviéticas Categoría:Estados desaparecidos de Asia Categoría:Historia de Uzbekistán