Joan Fuster i Ortells, nado en Sueca o 23 de novembro de 1922 e finado na mesma vila o 21 de xuño de 1992, foi un escritor valenciano en lingua catalá. É recoñecido sobre todo pola súa obra ensaística, especialmente Nosaltres els valencians (1962) ou Qüestió de noms, Diccionari per a ociosos (1963).
Traxectoria Naceu na comarca da Ribera Baixa. Fillo de campesiños, estudou dereito na Universidade de Valencia, onde se licenciou no ano 1947, e xa de ancián doutorouse en filoloxía catalá no ano 1985.
Entre 1946 e 1956 codirixiu, xunto con Josep Albi, a revista Verbo. Paralelamente co exercicio do seu traballo de avogado na súa poboación natal iniciou as súas colaboracións coa prensa, especialmente no xornal Levante-EMV de Valencia, e posteriormente na revista Destino e o xornal barcelonés La Vanguardia. Entre 1961 e 1966 colaborou con El Correo Catalán. A partir da década dos 60 do século XX converteuse nun referente cívico no País Valenciano no movemento de recuperación da cultura catalá.
O 11 de setembro do 1981 padeceu un atentado na súa casa coa colocación dunha bomba que causou grandes danos na biblioteca e no arquivo persoal. En 1983 foi nomeado profesor de historia da lingua na Universidade de Valencia, en 1984 doutor honoris causa da Universidade de Barcelona e en 1986 catedrático de literatura na Universidade de Valencia.
A Generalitat Valenciana condedeulle a Distinción ao Mérito Cultural a título póstumo. O 13 de setembro do 1997 uns delincuentes comúns profanaron a súa tumba, entre outras, no camposanto de Sueca.
En 1975 foi galardoado co Premi d'Honor de les Lletres Catalanes, e en 1983 recibiu a Medalla d'Or de la Generalitat de Catalunya. Membro do Institut d'Estudis Catalans e do Consell Valencià de Cultura, o ano 1978 foi un dos promotores e primeiro presidente de Acció Cultural del País Valencià e entre os anos 1987 e 1991 presidente da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana.
Obra A pesar do seu inicio no mundo da prensa, os seus primeiros escritos publicados foron libros de poesía, Sobre Narcís (1949), Ales o mans (1949), Terra a la boca (1953) ou Escrit per al silenci (1954). Esta poesía ten unha liña existencialista e reflicte as preocupacións do momento histórico de posguerra que vivía Fuster.
Con El descrèdit de la realitat (1955), editado por Francesc de Borja Moll, iniciou unha carreira ensaística, de vasta amplitude temática, nun estilo de adxectivación precisa. Naquel tempo tivo que vencer a censura, hostilidades oficiais e oficiosas, falta de medios, ausencia dun ambiente cultural propicio e o silencio dos medios de comunicación locais. Outro aspecto da súa obra foi o da erudición, a historia e a crítica literarias, que alternou con antoloxías.
A súa dedicación aos temas valencianos culminou no 1962 coa publicación de Nosaltres, els valencians (galardoado co Premi Lletra d'Or no ano 1963), Qüestió de noms e El País Valenciano, libros básicos para o coñecemento da historia, a cultura e os problemas de identidade nacional do País Valenciano. Nestes libros Fuster afirma que para ergue-la cultura autóctona do País Valenciano hai que reforza-lo vínculo cos outros territorios de fala catalá, creando unha comunidade cultural ou, incluso, política: os Países Cataláns.
Aínda que o ensaio Nosaltres, els valencians foi a súa obra máis importante e influente para toda unha xeración de intelectuais valencianos, cunha importante carga política, onde propón a "reconstrución nacional" do País Valenciano dentro do marco composto polos territorios de fala catalá, foi a publicación de El País Valenciano, unha guía turística en castelán saída o mesmo ano, a que desatou entre a dereita valenciana unha forte campaña de descualificación persoal do escritor e da súa obra.
Continuaron dentro desta temática Raimon (1964), Combustible per a falles (1967) e Ara o mai (1981), entre outros. Unha parte dos seus numerosos estudos e artigos eruditos, históricos, biográficos e de viaxes, estivo recollida nos volumes I e III das Obres completes, e o Diari 1952-1960 ocupa o volume segundo. Hai que salientalos estudos sobre autores como Vicente Ferrer, Isabel de Villena, Ausiàs March, Joan Roís de Corella, Joan Salvat-Papasseit, Josep Pla ou Salvador Espriu, entre outros.
Dentro do campo do ensaio, publicou Figures de temps, premio Yxart (1957), Judicis finals (1960), Diccionari per a ociosos (1964), Causar-se d'esperar (1965), L'home, mesura de totes les coses (1967), e outros máis, sempre dentro da tradición de raíz moral do humanismo clásico ó carón dos moralistas e reformadores franceses (de Michel de Montaigne aos enciclopedistas), crítico, escéptico e cun humor corrosivo. Dentro dos traballos de historia, de crítica e de divulgación literaria publicou La poesia catalana (1956), Poetes, moriscos i capellans (1962), Heretgies, revoltes i sermons (1968) e Literatura catalana contemporània (1972), ademais de tres extensos prólogos á obra de Joan Salvat-Papasseit (1962), Salvador Espriu (1963) e Josep Pla (1966), recollidos en Contra el Noucentisme (1978).
En 1987 recolleu a súa poesía no libro recompilatorio Set llibres de versos. Froito do traballo de recerca dos últimos anos son os estudos recollidos en Llibres i problemes del Renaixement (1989). No 1994 editáronse as obras Fuster inèdit e Fuster sabàtic.
En 1995 a Generalitat Valenciana asinou co concello de Sueca un convenio para converte-la casa onde vivira Fuster nun centro de cultura e de estudo en memoria do escritor. Compráronlle a casa de Sueca ó herdeiro de Joan Fuster, Josep Palacios. Segundo o acordo de compra, o inmoble tería que se-la sede da Biblioteca Valenciana e tería que acoller os 25.000 libros da colección particular do escritor, os seus documentos, tanto literarios coma persoais, e as súas obras artísticas, entre as cales hai cadros de Joan Miró, Antoni Tàpies, Josep Renau e esculturas de Andreu Alfaro. Con este obxectivo, o concello de Sueca adquiriu pouco despois a casa adxunta para dispoñer de máis espazo. Pero, o ano 1998, os testamenteiros de Joan Fuster retiráronlle á Generalitat Valenciana a custodia do legado do escritor por incumprimento dos acordos.
En 1997 o concello de Sueca e os testamenteiros do escritor declararon o Ano Fuster, que constou dun conxunto de actos para conmemorar o 75º aniversario do nacemento do escritor e o quinto da súa morte.
En galego existe unha selección de artigos e ensaios titulada Nacionalismo, liberalismo e outros temas, presentación, selección e tradución de Xesús González Gómez, Santiago de Compostela: Edicións Laiovento, 2022.
Obras Ensaios Antología del surrealismo español. Alacant, Verbo, 1952 La poesia catalana fins a la Renaixença. Mèxic, Edicions Catalanes de Mèxic, 1954 Pàgines escollides de sant Vicent Ferrer. Barcelona, Barcino, 1955 El descrèdit de la realitat. Ciutat de Mallorca, Moll, 1955 Antologia de la poesia valenciana. Barcelona, Selecta, 1956 La poesia catalana. Ciutat de Mallorca, Moll, 1956. 2 vol Les originalitats. Barcelona, Barcino, 1956 El món literari de sor Isabel de Villena. València, Lo Rat Penat, 1957 Figures de temps. Barcelona, Selecta, 1957 Indagacions possibles. Palma de Mallorca, Moll, 1958 Recull de contes valencians. Barcelona, Albertí, 1958 Ausiàs March. Antologia poètica. Barcelona, Selecta, 1959 Un món per a infants. València, 1959 Judicis finals. Ciutat de Mallorca, Moll, 1960 Joan Serrallonga. Vida i mite del famós bandoler. Barcelona, Aedos, 1961 Valencia. Madrid, Dirección General de Turismo, 1961 Nosaltres, els valencians. Barcelona, Edicions 62, 1962 El País Valenciano. Barcelona, Destino, 1962 Poetes, moriscos i capellans. València, L'Estel, 1962 Qüestió de noms. Barcelona, Aportació Catalana, 1962 El bandolerisme català II. La llegenda. Barcelona, Aymà, 1963 Raimon. Barcelona, Alcides, 1964 Diccionari per a ociosos. Barcelona, A. C., 1964 Alicante y la Costa Blanca. Barcelona, Planeta, 1965 Causar-se d'esperar. Barcelona, A. C., 1965 Combustible per a falles. València, Garbí, 1967 L'home, mesura de totes les coses. Barcelona, Edicions 62, 1967 Consells, proverbis i insolències. Barcelona, A. C., 1968 Examen de consciència. Barcelona, Edicions 62, 1968 Heretgies, revoltes i sermons. Barcelona, Selecta, 1968 Obres completes I. Llengua, literatura, història. Barcelona, Edicions 62, 1968 Abans que el sol no creme. Barcelona, La Galera, 1969 Obres completes II. Diari 1952-1960. Barcelona, Edicions 62, 1969 "Hi ha més catalans encara", fascicle de Dolça Catalunya. Barcelona, Mateu, 1969 L'Albufera de València. Barcelona, Les Edicions de la Rosa Vera, 1970 Obres completes III. Viatge pel País Valencià. Barcelona, Edicions 62, 1971 Babels i babilònies. Ciutat de Mallorca, Moll, 1972 Literatura catalana contemporània. Barcelona, Curial, 1972 Rebeldes y heterodoxos. Esplugues de Llobregat, Ariel, 1972 Contra Unamuno y los demás. Barcelona, Península, 1975 Obres completes IV. Assaigs. Barcelona, Edicions 62, 1975 La Decadència al País Valencià. Barcelona, Curial, 1976 Un país sense política. Barcelona, La Magrana, 1976 El blau en la senyera. València, Tres i Quatre, 1977 Contra el noucentisme. Barcelona, Crítica, 1977 Obres completes V. Literatura i llegenda. Barcelona, Edicions 62 Destinat (sobretot) a valencians. València, Tres i Quatre, 1979 Notes d'un desficiós. València, Almudín, 1980 Ara o mai. València, Tres i Quatre, 1981 Indagacions i propostes. Barcelona, Edicions 62 i la Caixa, 1981 País Valencià, per què?. València, Tres i Quatre, 1982 Veure el País Valencià. Barcelona, Destino, 1983 Cultura nacional i cultures regionals dins els Països Catalans. Barcelona, Departament de Cultura de la Generalitat de Catalunya, 1983 Sagitari. València, Diputació de València, 1984 Pamflets polítics. Barcelona, Empúries, 1985 Punts de meditació (Dubtes de la "Transición"). València, Tres i Quatre, 1985 Llibres i problemes del Renaixement. Barcelona, Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 1989 Textos d'exili. València, Generalitat Valenciana, 1991 Obres completes VI. Assaigs 2. Barcelona, Edicions 62, 1991
Poesía Sobre Narcís. València, Torre, 1948 3 poemes. Alacant, Verbo, 1949 Ales o mans. València, Editorial Torre, 1949 Va morir tan bella. València, 1951 Terra en la boca. Barcelona, Barcino, 1953 Escrit per al silenci. València, Institució Alfons el Magnànim, 1954 Set llibres de versos. València, Tres i Quatre, 1987 Poesia completa 1945-1987, Institució Alfons el Magnànim-AVL, 2022
Véxase tamén
Ligazóns externas Qüestió de noms Nosaltres els valencians
Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana Categoría:Nacionalismo valenciano Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Nados en Sueca Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia Categoría:Profesores da Universidade de Valencia Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Barcelona Categoría:Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya