Melchor Díaz Román, coñecido como Pepito ou Diego, finado en xullo de 1952, foi un político e guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria Cabo de Aviación no Exército leal durante a guerra civil. Obtivo o título de piloto militar de aeroplano e foi ascendido a sarxento en setembro de 1937.Diario Oficial del Ministerio de Defensa, 28-9-1937, p. 784. Foi ascendido a tenente en maio de 1938.Diario Oficial del Ministerio de Defensa, 31-5-1938, p. 754. Ao rematar a guerra pasou a Francia e loitou na Resistencia. Detido polos nazis, estivo preso no campo de concentración de Bergen-Belsen. Cando foi liberado estivo na URSS. Regresou a Toulouse e integróuse no PCE.
Actuou en Galicia como como enlace no seo da guerrilla antifranquista e logo da morte de Manuel Agrasar Cajaraville, Florentino Menéndez Palacio, Ricardo Fernández Carlés e Vicente López Novo en Loureiro (Luou) o 19 de maio de 1948, foi o encargado de reorganizar, sen éxito, a V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia que pretendía actuar na provincia de Pontevedra. José Ricardo Sevil incorporouno ao Comité Rexional de Galicia do PCE en 1950, ocupou a secretaría de organización do Comité Rexional coa misión de reconstruír o aparato do partido en Galicia. En maio de 1951, debido á presión das forzas policiais, marchou a Francia con José Ricardo Sevil. Logo da marcha de Francisco Rey Balbís a Francia, volveu a Galicia co posto de secretario xeral dos comunistas galegos.
Responsable de organización e propaganda do comité rexional do PCE, foi detido en Vigo, onde residía, na primavera de 1951. Levado ao cuartel xeral da Garda Civil na fronteira da Coruña e Pontevedra, foi torturado nunha caseta próxima.Segundo a testemuña de Ramón García “O Almirante”, foi pechado naquel lugar a finais de xullo por trasladar a guerrilla en barca a través do río Eume, pouco antes de saír daquel lugar puido presenciar como “un hombre con la cara picada de viruela, miembro de la brigadilla de la Guardia Civil” le “disparaba el tiro de gracia a Melchor Díaz, le pateaba dos veces y le arrastraban fuera de la caseta” (González 1999, p. 107). Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en xullo de 1952. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Políticos do PCE Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Nados en 1952 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes