Modesto Brocos Gómez, nado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1852 e finado no Río de Xaneiro o 28 de novembro de 1936, foi un pintor galego-brasileiro.
Traxectoria Era irmán do escultor Isidoro Brocos y Gómez, profesor da Academia de Belas Artes da Coruña. Terminados os estudos, aos dezaoito anos, pretendeu gañarse a vida na Arxentina, mais dous anos despois estaba no Brasil ilustrando o semanario O Mequetrefe, de Río de Xaneiro. Introduciu no país a técnica do xilogravado aplicándoa nas súas ilustracións.
En 1875, inscribiuse como alumno libre na Academia Imperial de Belas Artes, onde recibiu clases de Vítor Meireles e Zeferino da Costa. miniatura|250px|dereita|Engenho de mandioca (Muíño de mandioca), 1892. De xenio inquedo, antes de dous anos mudouse a París, onde ingresou na Escola de Belas Artes, tendo como mestre ó alemán Henri Lehmann. Incontento, marchou a Madrid, regresando ó pouco a París e despois marchando a Roma, onde encontrou ó seu protector, o artista español Pradilla. Frecuentou durante cinco anos a Academia Chigi ata 1890. Nesa época xa era un artista maduro, autor de excelentes obras e frecuentador do Salon parisiense. Na condición de pintor con formación completada, retorna a Río de Xaneiro por invitación de Rodolfo Bernardelli, daquela director da Escola Nacional de Belas Artes, sucesora da vella Academia Imperial.
Profesor da Escola Nacional de Belas Artes durante a Primeira República Brasileira, fixou con realismo os tipos e as escenas brasileiras. Practicou diversos xéneros de pintura e foi autor de libros como A questão do ensino de Bellas Artes (1915) e Retórica dos pintores (1933).
Galería de imaxes
Véxase tamén
Bibliografía
Teixeira Leite, José Roberto (1996). Pintores espanhois no Brasil. São Paulo. Espaço Cultural Sérgio Barcellos .
Ligazóns externas Ficha de Modesto Brocos na Abanca. Colección de Arte. Dezenovevinte - MODESTO BROCOS . http://www.artnet.com/artists/modesto-brocos-y-gómez
Categoría:Pintores de Galicia do século XIX Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores do Brasil Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Brasileiros de ascendencia galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público