Anatole Le Braz, nado en Saint-Servais (Côtes-d'Armor) o 2 de abril de 1859 e finado en Menton o 20 de marzo de 1926, foi un escritor bretón en lingua bretoa.
Traxectoria Tivo como primeira lingua o bretón, xa que os seus pais non falaban francés, e nos ambientes nos que medrou esta era a lingua maioritaria. Foi mestre no instituto Quimper, onde contactou co folclorista François-Marie Luzel. Colaborou coa revista L'Hermine (1889) e en Feiz ha Breizh. En 1898 colaboraría na creación da Keuredigezh Broadel Breizh (Sociedade Nacional da Bretaña) e en 1911 na Unión Rexionalista Bretoa. Era amigo de Francis Gourvil e foi profesor da Universidade de Rennes de 1901 a 1924.
Obra Tryphina Keranglaz, poema, 1892 An Ankou. La Légende de la mort chez les Bretons armoricains, 1893. Les Saints bretons d'après la tradition populaire en Cornouaille, 1893-1894. Au pays des pardons, crónicas, 1894. Pâques d'Islande, novela, 1897. Le Gardien du feu, contos, 1900. Le Sang de la sirène, novela, 1901. Cognomerus et sainte Trefine. Mystère breton en deux journées, texto e tradución, 1904 Vieilles histoires du pays breton, 1905 Contes du soleil et de la brume, novela, 1905. Ames d'Occident, novela, 1911. Theatre celtique, 1905 Sonion Breizh-Izel (Cancións da Baixa Bretaña), 1892
Véxase tamén Ligazóns externas
Anatole Le Braz (1859 - 1926)
Categoría:Escritores en lingua bretoa Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores da Bretaña Categoría:Nados en 1859 Categoría:Nados no departamento de Côtes-d'Armor Categoría:Finados en 1929