Unha fervenza é unha caída de auga dende certa altura provocada por un forte desnivel na canle dun río, e a auga cae verticalmente por efecto da gravidade.
Unha fervenza componse da censa, que é o salto de auga propiamente dito; a fervenza como tal, onde se forma a escuma; e a mergulleira, onde a auga da fervenza se mergulla.
Unha gran fervenza recibe o nome de catarata mentres que unha pequena denomínase cachoada, ou tamén cachoeira, cachón, callón ou pincheira.
Sinonimia En galego, a fervenza tamén se denomina abanqueiro, cadoiro, freixa, ruxida, ruxidoira, salto, salto de auga e seimeira.
Galería de imaxes
Cataratas miniatura|dereita|Fervenzas e área nevada no Parque de Ordesa. As cataratas do Niágara no estado de Nova York (Estados Unidos). As cataratas do Iguazú na fronteira entre a Arxentina e o Brasil. Fervenza do Tequendama, en Cundinamarca, Colombia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Fervenzas de Galicia Cadoiro bioquímico
Ligazóns externas Algunhas fervenzas galegas
Categoría:Fervenzas