O xásico (en húngaro jász, en ruso jas) era en realidade un dialecto do oseto antigo ou alano falado por unha tribo alana nómade asentada en Hungría no século XIII. Xásico vén do iranio: Iyasi<Asi<As = alano. Esta última derivación pasa á lingua xeorxiana coma Os > Osset e de aí pasa ao ruso moderno coma oseto, por iso se lles chama osetos aos alanos de Iristán (Osetia), sendo preferible seguir a etimoloxía autóctona IR = alano.
O pobo xásico entrou en Hungría xunto cos cumanos, fuxindo da presión dos tártaros. Foron admitidos polo rei húngaro Béla IV coa esperanza de poderían axudarlles na loita contra a invasión dos tártaros, pero a relación non foi boa entre a nobreza húngara e as tribos cumana-xásicas tendo que abandonar o país. Tras o fin da ocupación tártara regresaron e asentáronse na parte central da Chaira húngara. Durante os dous séculos seguintes foron asimilados pola poboación húngara e a súa lingua desapareceu, pero a identidade xásica consérvase, e parece ser que chegan a manter unha certa autonomía ata 1876. Preto dunha ducia de poboacións no centro de Hungría conservan aínda o nome da tribo: Jászberény, Jászárokszállás, Jászfényszaru etc.
A única mostra literaria en lingua xásica foi atopada nos anos 50 na Biblioteca Nacional Húngara de Széchényi. Grazas ás analoxías co iriano moderno (oseta) a lingua puido ser interpretada.
Relación entre o alano xásico e o iriano moderno A maioría das palabras xásicas son facilmente identificables co iriano:
XásicoIrianoDigorianoGalegoАсса асс ассæ (parrulo salvaxe) parruloBan bon bon díaBasa bas basæ «похлебка», Вах bæх bæх cabalo Carif sarv carv aceite Cugan cigon pucheiroDan don don augaDa dæ dæ teu Docega dusgæ docgæ (vaca) vaca "дойная корова'Fit fyd fid carne Fus fys fus ovella Gal gal gal touro Gist ængezun «бродить», ængist "que comezou a fermentar" requeixoHecav xisaw xecaw dono Huvar xor xwar millo Huvas xos xwasæ feo (planta) Jaika ajk ajka ovo Каркеn kæf peixe, caviar Каrак kаrk kаrk galiña Karbac kcervæz (вид ячменя) cebada Kasa kash kasæ — «каша», Kurajna kwyroj kurojnæ muíño K’ever k’æbær k’æbær pan Manavona mænæw mænæwæ trigo Na næ næ nosoOdok widyg jedugOras wæras — «квас», Osa us osæ muller Qaz qazh qaz ganso Sabar «овес»Saka sægh sæghæSana sæn sænæ viño Tabac tæbæg' tæbæg' prato Vas wæss — «теленок»,
Véxase tamén Bibliografía Kim, Ronald. "On the Historical Phonology of Ossetic." Journal of the American Oriental Society, Vol. 123, No. 1. (Jan.-Mar.,2003), pp. 43–72. Outros artigos O pobo xásico.
Ligazóns externas www.Iratta.com Páxina sobre os alanos antigos e modernos .
Categoría:Linguas iranias orientais setentrionais Categoría:Historia de Hungría Categoría:Linguas mortas de Europa