Patrice Émery Lumumba, nado en Katako-Kombe (Congo Belga) o 2 de xullo de 1925 e finado en Lubumbashi o 17 de xaneiro de 1961, foi un líder anticolonial e o primeiro ministro elixido en xuño de 1960 na actual República Democrática do Congo despois de axudar a conquistar a independencia do Congo Belga en relación á Bélxica.

Traxectoria

O día en que se lle concedeu a independencia ao Congo, o rei Balduíno I de Bélxica dixo con ton irónico: "Cómpre agora aos señores cabaleiros nos mostrar que son dignos da nosa confianza". Patrice Lumumba respondeu. Dixo que a independencia política non era suficiente para liberar a África de seu pasado colonial, era preciso tamén que África deixase de ser controlada economicamente por Europa.

Iso causou grande alarma nas potencias occidentais. Grandes empresas americanas e belgas tiñan grandes investimentos no Congo, que era rico en moitos minerais preciosos. O peor é que non había nada que o puidese comprar. Lumumba non encontrou apoio no Occidente e así recorreu á Unión Soviética.

Pasadas só dez semanas da súa elección foi deposto xuntamente co seu goberno nun golpe de Estado sendo aprisionado e asasinado en xaneiro de 1961.

Notas

Categoría:Primeiros ministros da República Democrática do Congo

Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Asasinados Categoría:Nados na República Democrática do Congo