The Maltese Falcon (O falcón maltés) é unha novela de Dashiell Hammett publicada en 1930, pioneira no xénero da novela negra.

Trama

Sam Spade é un detective de San Francisco que recibe o encargo de vixiar a unha rapaza. Ao día seguinte, o seu socio Archer aparece morto, e Sam vese inmiscido nunha trama dun home rico que busca unha estatua con forma de falcón peregrino incrustada con pedras preciosas, que os cabaleiros da Orde de Malta regalaron a Carlos I de España en 1530.

Adaptacións A novela foi adaptada ó cine en tres ocasións: The Maltese Falcon, película de 1931 dirixida por Roy Del Ruth; Satan Met a Lady, película de 1936 dirixida por William Dieterle; The Maltese Falcon, película de 1941 dirixida por John Huston e protagonizada por Humphrey Bogart.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Maltese Falcon Society

Categoría:Obras literarias de 1930 Categoría:Novela negra en inglés Categoría:Novelas ambientadas en California