Santa María de Pedraza é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 154 habitantes, deles 77 eran homes e 77 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Patrimonio A igrexa de Santa María de Pedraza foi construída orixinalmente en estilo románico, conservando aínda algúns canzorros, pero foi modificada durante o século XIX. Destacan os seus dous retablos de estilo neoclásico.
Na parroquia atópase a capela de San Lourenzo, o templo máis antigo do concello de Monterroso. Foi construída no ano 1127 e aínda conserva trazos prerrománicos, como a súa porta principal. Nos séculos XVIII e XIX sufriu importantes reformas. Conserva varios canzorros da obra románica con figuras zoomórficas e antropomórficas.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Pedraza
Parroquias de Monterroso
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Monterroso
Categoría:Parroquias de Monterroso Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María