San Martiño de Monte de Meda é unha parroquia do concello de Guntín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 98 habitantes, deles 48 eran homes e 50 eran mulleres, o que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. É limítrofe coa parroquia homónima Monte de Meda, Lugo.
Historia No castro do Picato atopáronse pezas de cerámica e unha ara dedicada á divindade Navia.
Na diplomática medieval da igrexa de Lugo aparece frecuentemente citado o nome desta parroquia; os documentos máis antigos foron asinados polos reis Afonso III en 897 e Afonso V en 1027.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Monte de Meda
Parroquias de Guntín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Guntín
Ligazóns externas As parroquias de Guntín na web do concello
Categoría:Parroquias de Guntín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño Categoría:Parroquias galegas homónimas con outras de concellos limítrofes