Bibiano José Manuel Ramón Fernández Osorio, coñecido como Bibiano Fernández Osorio-Tafall, nado en Salcedo (Pontevedra) o 3 de decembro de 1902 e finado na Cidade de México o 13 de agosto de 1990, foi un científico e político galego, funcionario da Organización das Nacións Unidas.

Traxectoria Ata a guerra civil Foi doutor en Ciencias Naturais e secretario da Misión Biolóxica de Galicia con Cruz Gallástegui. Membro da ORGA, foi alcalde de Pontevedra, presidente da Deputación e deputado nacional en dúas lexislaturas. Presidiu en 1932 a Asemblea de Municipios celebrada en Santiago para discutir e redactar o proxecto de Estatuto de Autonomía que se plebiscitou en 1936, tras o seu paro durante dous anos por cuestións políticas. Presidiu o Comité Central de Autonomía. En 1934 foi destituído da alcaldía de Pontevedra e da dirección do Instituto de Pontevedra polo gobernador civil Diego Fernández Gómez no marco dos sucesos da folga xeral revolucionaria de 1934"Pontevedra, outubro de 1934 (2)", artigo de Xosé Álvarez Castro no blog Os anos do medo, 13/7/2012."Destitución de Tafall", Faro de Vigo, 15/10/2017 ..

Ossorio-Tafall era secretario da Xunta Nacional de Izquierda Republicana. Logo das eleccións de 1936, despois de ser novamente alcalde tras a reposición da corporación saída das eleccións municipais do 12 de abril de 1931, ocupou as subsecretarías de Traballo e Gobernación, sendo substituído na alcaldía de Pontevedra polo comunista Manuel García Filgueira á súa marcha a Madrid. Posteriormente foi director de Política, o órgano de Izquierda Republicana. miniatura|300px|Membros do SEG en 1928. De esq. a d. De pé: Otero Pedrayo, Losada, Cuevillas, Risco, Carballo Calero, Filgueira, García Paz, Pintos, Fraguas e Osorio-Tafall. Sentados: Parga, Moralejo, Carro, Cabeza de León, Arias, Limeses e Novás. En abril de 1938, durante a guerra civil española, Osorio-Tafall foi nomeado Comisario Xeral do Exército da República Española.

No exilio Coa derrota militar e política, Osorio-Tafall exiliouse primeiro a Francia, onde foi secretario xeral do SERE (posto do que dimitiu en outubro de 1939), e en 1940 marchou a Santo Domingo acompañado de Ione Robinson, para finalmente recalar México, onde foi profesor na Universidade Autónoma de México e do Instituto Politécnico. En 1948 incorporouse á ONU; no 55 foi director da Oficina de Agricultura en Chile, e logo en Indonesia e en Exipto. No 64 estivo á fronte das operacións de pacificación na República Democrática do Congo e en Chipre, neste caso como representante especial plenipotenciario do secretario xeral da ONU. Xubílase como subsecretario xeral da ONU.

Durante a Transición española, o presidente do Goberno Adolfo Suárez convidouno a encabezar a primeira Xunta preautonómica, pero el declinou o ofrecemento por falta de apoios."O Tafall político, que chegou a alto cargo na ONU, escureceu o Tafall científico": Entrevista de Xan Carballa a Xosé Francisco Pardo, A Nosa Terra, 1/7/2010

No últimos anos volveu a Galicia tres veces en breves visitas. Vida persoal

Estivo casado con Josefina Arruti, coa que tivo 3 fillos. Despois da Guerra no exilio tivo outro fillo coa mexicana Luz. Legado

En 2023 Xosé Monteagudo publicou a novela Vémonos mañá, na que novela a vida de Bibiano e Josefina.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Expediente académico no Instituto de Pontevedra.

Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia da ORGA Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Galegos de México Categoría:Exilio galego Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Personalidades da ONU