Santiago de Casardeita é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. En 2007 tiña 134 habitantes (60 homes e 74 mulleres), dous máis ca en 2006. Esta parroquia esténdese eclesiástica e civilmente polo concello veciño de Celanova, incluíndo parte da localidade do Pazo.

Patrimonio

A igrexa parroquial de Santiago ten unha imaxe de Santiago o Maior na fachada. Na aldea de Pambre está a capela de Santa Águeda, e en Ver a capela da Virxe de Guadalupe. Ao carón da capela de Pambre hai un carballo de gran tamaño.

A antiga escola acolle no primeiro andar o local social e no segundo a Biblioteca Lois Antón.

Lugares e parroquias miniatura|esquerda|Escultura do apóstolo Santiago (patrón desta parroquia) na fachada da igrexa parroquial. Lugares de Casardeita

Parroquias de Ramirás

Notas

Véxase tamén Outros artigos Casardeita, Celanova Lugares de Ramirás

Categoría:Parroquias de Ramirás Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior Categoría:Parroquias galegas homónimas con outras de concellos limítrofes Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas