San Pedro do Mosteiro é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 119 habitantes, deles 55 eran homes e 64 eran mulleres, o que supón un incremento de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

O mosteiro de San Pedro de Ramirás O mosteiro de San Pedro de Ramirás é do século X. Aínda que a orixe non está ben establecida, sábese que foi fundado por Omnéga abadesa do mosteiro de Santa Comba de Bande. Convento dos beneditinos no 1137, logo tivo moitos cambios.

A igrexa, empezada no estilo románico, foi acabada no estilo gótico.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Mosteiro

Parroquias de Ramirás

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ramirás

Ligazóns externas Mosteiro na web do concello de Ramirás

Categoría:Parroquias de Ramirás Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro