Santa Mariña de Meixonfrío é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 94 habitantes, deles 47 eran homes e 47 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 108 habitantes. En 2017 segundo o INE tiña 71 habitantes, 38 mulleres e 33 homes.

No lugar de Vila naceu a escritora Ana Vila Portomeñe.

Toponimia O topónimo deriva do latín , mesón frío .

Xeografía A parroquia de Meixonfrío está situada no norte do concello de Taboada. Sofre un elevado grao de despoboamento e envellecemento da poboación.

Historia En tempos houbo un cuartel da Garda civil e unha capela que estaban situados no lugar do Curro.

Patrimonio A igrexa parroquial de Santa Mariña de Meixonfrío é do século XII, está no lugar de Meixonfrío.

Festas As festas patronais na honra de San Xoán e San Romao son os días 29 e 30 de agosto. En tempos había gran devoción ao santo, que dicían que era milagreiro para cos que padecen a doenza da reuma. O campo da festa está situado na marxe dereita da N-540 de Lugo a Ourense, en dirección a Ourense.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Meixonfrío

Parroquias de Taboada

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Taboada

Categoría:Parroquias de Taboada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía