San Pedro de Martul é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 101 habitantes, deles 44 eran homes e 57 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006. No ano 1950 tiña 202 habitantes, e no ano 2000 105.
Patrimonio Atopouse un vaso de bordo revirado, pertencente a Idade de Bronce, nunha mámoa do Cordal de Acevedo e un gravado megalítico (actualmente na casa reitoral de Martul).
A igrexa parroquial de San Pedro de Martul é de orixe románica, pero só conserva da primitiva construción a ábsida.
Festas San Bieito, a penúltima ou última fin de semana de agosto. San Pedro, o 29 de xuño.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Martul
Parroquias de Outeiro de Rei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outeiro de Rei
Ligazóns externas Martul na web do concello de Outeiro de Rei
Categoría:Parroquias de Outeiro de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro