San Xoán de Outeiro de Rei é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 556 habitantes, deles 264 eran homes e 292 eran mulleres, o que supón un incremento de 100 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Toponimia A orixe do topónimo Outeiro é o latín , que é unha parte alta ou elevación do terreo.Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro, páx. 110, 280 e 322. ISBN 84-85170-20-2
Historia A capital do Concello, á cal se lle outorgou o título de vila durante a Idade Moderna, estivo baixo a xurisdición do Conde de Lemos, Trastámara e Sarria dende o ano 1360. Durante século e medio a vila pasou por mans de Fadrique de Aragón, Gutierre de Quijada e Pedro de Luna entre outros, e en 1501 reintegrouse ao patrimonio da casa de Lemos mediante privilexio da raíña Isabel I de Castela.
Patrimonio Casa-forte de Outeiro de Rei, tamén chamada "da señorita", fundada polo conde O´Kelly.
Muíño e capela emprazados no Campo de Santa Isabel.
Servizos A Casa do Concello, un edificio tradicional de dúas plantas, con porta de acceso de lintel de arco de medio punto, balcón de ferro e frontón cornixa, cun frontispicio triangular onde se distingue o escudo do Concello.
Colexio de Educación Infantil e Primaria Laverde Ruiz. Casa da Cultura onde se atopa a Biblioteca Municipal, un PAC, un Centro de Saúde e unha residencia de anciáns privada "Residencial Carlos IV".
Festas Santa Isabel, celébrase durante tres días no mes de xullo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Outeiro de Rei
Parroquias de Outeiro de Rei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outeiro de Rei
Ligazóns externas Outeiro de Rei na web do concello de Outeiro de Rei
Categoría:Parroquias de Outeiro de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía