Santiago de Gaioso é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 176 habitantes, deles 94 eran homes e 82 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
As Penas de Rodas miniatura|dereita|Igrexa parroquial. As Penas de Rodas é unha formación xeolóxica que deixou á vista dúas rochas ciclópeas e xemelgas, a escasa distancia unha da outra, sobre un penedo común. Na actualidade na zona mantense unha área recreativa cun palco para a romaría que alí se celebra no mes de agosto. Está situada na parte oeste da parroquia.
Existe a lenda de que se trata dun observatorio solar con funcións de calendario, creado polos romanos. Resulta máis común a lenda que explica esta formación como obra dos mouros, que agocharon o seu ouro dentro dunha das rochas, á vez que encheron a outra de alcaitrán derritido, de xeito que aquel que, buscando o ouro, abra esta segunda, morrerá abrasado e toda a comarca quedará anegada polo alcatrán.
Lugares e parroquias Lugares de Santiago de Gaioso
Parroquias de Outeiro de Rei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outeiro de Rei
Ligazóns externas Santiago de Gaioso na web do concello de Outeiro de Rei
Categoría:Parroquias de Outeiro de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior