O abua é unha lingua do grupo atlántico das linguas níxer-congo falada en Nixeria.

Distribución xeográfica Fálase nas áreas locais de Degema e Ahoada, en Rivers State, hai unha pequena pero moi próspera comunidade inmigrada en Estados Unidos.

Dialectos O abua distingue catro dialectos: Ogbo, Emughan, Otabha e Okpeden

Escrita A produción escrita en abua é escasa, a maior parte son traducións de obras de tipo relixioso e materiais publicados por lingüistas. Os primeiros materiais son de 1971, Aselemi adibel adinya itugha onu Abuan e Opuru adiri ogbia obra de Ian Gardner e Idumesaro respectivamente. Gardner, un pastor protestante, tamén traduciu en 1978 o Novo Testamento co título de Oobi Oghaaph Ilo Ajizos en 1980 e publicou un dicionario abau-inglés. En 2019 apareceu a tradución de toda a Biblia, obra dun equipo dirixido por Gardner so o título de Adinya Ligbia.

Historia Por volta do século XIII o pobo abua emigrou dende as súas aldeas, situadas no actual Camerún, xunto aos efik e aos ibibios, ao territorio que ocupa actualmente. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ethnologue

Categoría:Linguas níxer-congo Categoría:Linguas de Nixeria