Antonia Vicente Rodríguez, chamada Toñi Vicente, nada en Tomiño o 12 de xaneiro de 1953, é unha restauradora e hostaleira galega.

Traxectoria Os seus pais tiñan un restaurante en Tomiño, onde comezou traballando na cociña. Despois dunha bolsa para estudar en Francia co cociñeiro Michel Guérard, abriu en 1982 en Vigo o restaurante Síbaris, que lle deu ampla sona, e que colleitou a segunda estrela Michelin da historia de Galicia para unha cociñeira en 1989. En 1990 dirixiu e presentou o programa gastronómico da TVG Artesa.

En 1992 abriu en Santiago de Compostela o restaurante Toñi Vicente, que recibiu a estrela Michelín en 1993, galardón que mantivo ata o ano 2008. En 1997 recibiu o Premio Nacional de Gastronomía.

En agosto de 2008 foi detida para prestar declaración"Detenida la cocinera Toñi Vicente por comprar vieiras contaminadas" , La Voz de Galicia, 6/9/08 en relación cunha rede de distribución de vieira contaminada. En 2008, uns meses despois deste suceso, perdeu a estrela Michelin, pero mantivo un sol na Guía RepsolSoles de decembro , Colineta, 5/12/2008, ata que a comezos de 2009 anunciou o peche da actividade do seu restaurantePechou Toñi Vicente Colineta, 9/1/2009.

Posteriormente abriu restaurantes en Ribeira, Cambados e Vigo..Retirouse da vida profesional na cociña en 2018.

Obra

Toñi Vicente. A miña cociña (Teófilo Edicións, 2021).

Galardóns Challenge Européen de la Gastronomie Copa de Ouro do Centro Italiano de Promoción Internacional Medalla de prata de Galicia, 1997.

Notas

Categoría:Cociñeiros de Galicia Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Nados en Tomiño Categoría:Nados en 1953 Categoría:Estrelas Michelin Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega