O I Concilio de Braga foi un concilio que tivo lugar na cidade homónima do norte de Portugal (entón capital do reino dos suevos), entre o 1 de maio de 561 e 563, por ordenamento do rei Teodomiro. Presidiuno Lucrecio, bispo titular de Braga. Acudiron bispos da Gallaecia e do norte da Lusitania.

Tivo o apoio do papa Xoán III, e declarou anatema todos aqueles que acreditasen en doutrinas de tipo maniqueísta, como os priscilianistas.

O concilio remarcou a doutrina da Santa Trindade, segundo a cal hai un só Deus que existe en tres persoas: Pai, Fillo e Espírito Santo, contrariamente á afirmación priscilianista de que só existía unha persoa.

Así mesmo lembrou a crenza católica da existencia de Deus Fillo antes de nacer da Virxe María.

Bispos do primeiro Concilio de Braga: 1. Lucretius episcopus (Braga) 2. Andreas episcopus (Iria) 3. Martinus episcopus (Dumio) 4. Cottus episcopus 5. Hildericus episcopus 6. Lucetius episcopus (Conímbriga?) 7. Timotheus episcopus 8. Maliosus episcopus (Britonia?) Synodus Bracarensis prima, Ata do primeiro concilio de Braga

Notas

Categoría:Braga Categoría:Cristianismo en Galicia Braga Categoría:561 Categoría:Reino Suevo Categoría:Historia medieval de Galicia