Hemisferio Oriental a principios do século III d.C.|alt=Hemisferio Oriental a principios do século III d.C.|miniaturaPeríodo de tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 201 e o 31 de decembro de 300 da era cristiá.
Acontecementos importantes Galiza
260 - Comeza a construción da Muralla de Lugo.
298 - Trala reforma administrativa e militar de Diocleciano, Hispania divídese en sete provincias e Gallaecia pasa a ter unha administración propia.
Europa
Os godos trasládanse de Gothiscandza a Ucraína, dando lugar á cultura Chernyakhov. Comeza o período copto. 211-217: Caracalla, emperador romano. 212: a Constitutio Antoniniana concede a cidadanía a todos os homes romanos libres. 212-217: termas de Caracalla. 222-235: Alexandre Severo, emperador romano. 235-284: a crise do século III sacudiu o Imperio Romano. 258: masacre de cristiáns de Valeriano. 268-270, Claudio II o Gótico comeza o proceso de reunificación, reconquistando Hispania. Aureliano, man dereita de Claudio II continúa o proceso de restauración da autoridade imperial. En 274 o Imperio recuperaba as súas fronteiras orixinais. 284-305: Diocleciano, emperador romano.
Oriente
208: prodúcese a Batalla dos acantilados vermellos. 224: Ardashir I da dinastía sasánida conquista o Imperio Parto na batalla de Hormozdgan. 230-232: a dinastía sasánida de Persia lanza unha guerra para reconquistar as terras perdidas no leste romano. 241: o Reino de Hatra disolveuse tras a caída de Hatra en Persia 260: o emperador romano Valeriano I é tomado cativo por Shapur I de Persia.
Asia
O reino de Funan alcanza o seu cénit. Siddhartha no Palacio, detalle dun relevo de Nagarjunakonda, Andhra Pradesh, India. Agora consérvase no Museo Nacional de Nova Deli. 220: a dinastía Han chega ao fin co establecemento dos Tres Reinos na antiga China. 220-280: o período dos Tres Reinos. 234: Zhuge Liang morre de enfermidade nun enfrontamento das chairas de Wuzhang. 244: batalla de Xingshi na China. 263: Cao Wei conquist 266: a dinastía Jin fúndase despois do derrocamento da dinastía Cao Wei por Sima Yan ao Reino Shu Han. 280: a dinastía Jin reúne a China baixo un só imperio despois da conquista de Wu Oriental. 291-306: a Guerra dos Oito Príncipes, unha guerra civil do clan Sima na China. 300-538: era Kofun, a primeira parte do período Kofun no Xapón.
Personaxes destacadas 300px|right|O mundo no ano 250 d.C.
Alexandre Severo (208-235): emperador romano, último emperador da dinastía Severan. Ardashir I (- 240): rei de Persia e fundador do Imperio Sasánida. Artabano IV (163-224): último rei de Partia. Aureliano (214/215-275): emperador romano, unificou de novo o imperio baixo o seu dominio. Cao Cao (155-220): político chinés da dinastía Han. Caracalla (188-217): emperador romano, creou a Constitutio Antoniana. Claudio II (213-270): emperador romano, coñecido como Claudio II "o gótico". Cniva (197-257): rei dos godos que derrotou ao emperador Decio e ao seu fillo Herenio etrusco na batalla de Abritus en 251. Decio (c. 201-251): emperador romano, famoso polas súas campañas contra os cristiáns e por ser o primeiro emperador en morrer na batalla. Diocleciano (244-311): emperador romano, creador da tetrarquía. Filipo o Árabe (ca. 204-249): emperador romano. Galieno (c. 218-268): emperador romano. Gordiano III (225-244): emperador romano. Heliogábalo (c. 203-222): emperador romano. Julia Domna (170-217): emperatriz romana, esposa de Septimio Severo e matriarca da dinastía Severan. Liu Bei (161-223): emperador Shu durante o período dos Tres Reinos. Maximiano (285/286-305): emperador romano, colega de Diocleciano no goberno do imperio. Maximino Tracio (173-238): primeiro emperador que non é de orixe romana. Póstumo (m. 269): primeiro emperador do Imperio Galo. Probo (232-282): emperador romano. Shapur I (215-272): rei de Persia. Septimio Severo (146-211): emperador romano, fundador da dinastía Severan. Tétrico (n. século II-f. século III): último emperador do Imperio Galo. Valeriano (c. 200-c. 260): Emperador romano, primeiro emperador capturado na batalla. Zenobia (245-274): primeira e única raíña do Imperio Palmireno.
Literatura e filosofía
Gaius Julius Solinus: gramático romano e compilador de historias. Casio Dión (155-235): historiador e político romano. Hipólito de Roma (170-236): escritor e antipapa. Nāgārjuna (150-250): filósofo indio. Plotino (205-270): filósofo creador do neoplatonismo. Tertuliano (c. 160-c. 220): escritor e considerado un dos Pais da Igrexa.
Ciencia
Diofanto de Alexandría: matemático grego, considerado o pai da álxebra. Li Hui: matemático chinés.
Relixión
Ario (256-336): predicador cristián, cuxas premisas foron a base do arrianismo. Icía de Roma (m. 230): santa romana. Cibrán de Cartago (ca. 200-258): bispo de Cartago, santo e mártir. Mani (215-276): relixioso iraniano, fundador da corrente filosófica coñecida como maniqueísmo. Oríxenes (185-254): predicador cristián.
Invencións, creacións e descubrimentos
Realízanse Menorahs e Arca da Alianza, pintura mural nunha catacumba xudía, Villa Torlonia (Roma). Principios do século III: o enterramento en catacumbas faise habitual. Faise o mosaico de Magerius. Agora consérvase no Museo Arqueolóxico de Sousse, Tunisia. Sarnath convértese nun centro de artes budistas na India. Comeza a difusión do millo como cultivo alimentario desde México a América do Norte. Finais do século III - principios do século IV: Realízase o Bo Pastor, Orantes e Historia de Jonás, teito pintado das catacumbas de Marcelino e Pedro en Roma.
03