O mundo no século II.|alt=O mundo no século II|miniaturaEste século abrangue o tempo entre o ano 101 e o 200 da era cristiá.
Acontecementos importantes miniatura|dereita|Muralla de Hadriano.
Europa
Os saxóns e os frisios instálanse ao norte do río Elba e na ribeira do mar do Norte. Son piratas que saquean as costas galas e bretoas. 96 - 180: cinco bos emperadores de Roma: Nerva, Traxano, Hadriano, Antonino Pío e Marco Aurelio. É o tempo da pax romana e do desenvolvemento das cidades máis afastadas da capital. 101 - 102, 105 - 106: as guerras dacias. Despois de dous conflitos, Dacia é anexionada como provincia romana. 115 - 117: guerra de Kitos, adxunto ás guerras xudeo-romanas. 120-150: os búlgaros migran cara Europa. 122-132: constrúese a Muralla de Hadriano. 142 - 154: constrúese o Muralla de Antonino no que hoxe é o centro de Escocia. 144: Marciano, rexeitado pola Igrexa de Roma, funda o marcianismo. 161 - 166: guerra romano-parta de Lucio Vero no 161-166. 165 - 180: a peste antonina en Roma. 166 - 180: guerras marcomanas. 167: primeira guerra contra os marcomanos. 178: segunda guerra contra os marcomanos.
180 - 192: reinado de Cómodo, emperador romano. 193: ano dos cinco emperadores de Roma: Pertinax, Didio Xuliano, Pescennio Níxer, Clodio Albino e Septimio Severo. 193 - 211: reinado do emperador romano Septimio Severo. Instaura a dinastía dos severos amparándose na forza militar.
Oriente
132 - 135: segunda revolta xudía, dirixida por Simón bar Kokhba. Destrución definitiva de Xerusalén e construción de Aelia Capitolina no seu lugar. Hadriano decide a expulsión dos xudeus. Múdaselle o nome a Xudea para Palestina. O Estado xudeu desaparece até 1948. 114 - 116: unha guerra con Partia fai que Armenia e Mesopotamia sexan anexionadas temporalmente ao Imperio Romano. 132 - 135: revolta de Bar Kokhba contra Roma. 135: Diáspora xudía.
África A comezos do século introdúcese o dromedario na África romana. A súa utilización permite restablecer relacións entre a África negra e a África do Norte. Os misioneiros orientais introducen o cristianismo en Cartago, obtendo numerosas conversións entre as comunidades xudeas. A mediados de século os misioneiros proveñen de Italia. A fins de século a influencia do cristianismo esténdese até as vilas da Numidia ao tempo que comezan as primeiras perseguicións. Esténdese o cultivo da viña e a oliveira por África do Norte en paralelo ao do trigo. Aumenta o número de cabalos, así como de bacas e ovellas. De aquí proveñen moitas das bestas selvaxes que se levan ao circo. Xorde o reino de Axum.
Asia
Dinastía Pugyei no Tíbet. A sociedade estrutúrase en clans dirixidos por señores independentes e aliados polo matrimonio. Nos Anais chineses Tíbet coñécese como Tufan. Influencia helenística na arte búdica de Gandhara. A dinastía Pandya reina no sur do río Indo até o século XIV. A dinastía Chera reina no sur do Indo (Kerala) até o século X. 127 - 140: Kanishka gobernou o Imperio Cuxano. 132: as crónicas chinesas describían a existencia de relacións diplomáticas entre Xava e a China. 140 - 180: Huvishka, gobernante de Imperio Cuxano. 166 - 184: desastres das prohibicións partisanas. 184 - 205: comeza a rebelión do turbante amarelo da dinastía Han na China. 184 - 189: a rebelión da provincia de Liang estala no noroeste da China. 189 - 220: fin da dinastía Han. 190 - 191: os señores da guerra de toda China lanza unha campaña contra Dong Zhuo.
América
Cultura moche na costa norte do Perú (100-700). Centrada no val do río Moche e de Chicana, ampliará máis tarde o seu territorio por conquista militar do val de Pascasmayo até os do río Santa e Nepena ao sul. Civilización de mogollon-hohokam no sur dos Estados Unidos (Arizona), até o século XIII.
Personaxes destacadas
Antonino Pío (86 - 161): emperador romano, pertencente á dinastía dos cinco bos emperadores. Apuleio (123/125 - 180): escritor e novelista romano de orixe bérber. Cai Lun (50 - 121): inventor do papel. Cómodo (161-192): emperador romano, o seu asasinato acabou coa dinastía Antonina. Decébalo (m. 106): rei de Dacia. Décimo Xuño Xuvenal (60 - 128): poeta romano. Dión Casio (155 - 206): senador e historiador romano. Epicteto (55 - 135): filósofo grego. Galeno (130 - 200): escritor e médico grego. Hadriano (76 - 138): emperador romano. Ireneu de Lión (130 - 202): segundo bispo de Lión. Luciano de Samosata (c. 120 - c.180): retórico e escritor. Marción (85 - 160): escritor e teólogo, fundador da seita marcionista. Marco Aurelio (121 - 180): emperador romano, vencedor das guerras marcomanas, último emperador da Pax Romana. Nāgārjuna (150 - 250): fundador do bud ismo Madhiamaka. Nerva (30 - 98): foi un emperador romano. Plinio o Novo (62 - 112): escritor, científico e avogado romano. Plutarco (50 - 120): historiador, biógrafo e ensaísta grego. Policarpo de Esmirna (69 - 155): santo e bispo de Esmirna. Tolomeo (100 - 170): astrónomo, astrólogo e xeógrafo grego. Septimio Severo (146 - 211): emperador romano, fundador da dinastía Severan. Sexto Empírico (160 - 210): médico e filósofo grego. Suetonio (70 - 126): historiador romano. Tertuliano (160 - 220): escritor romano de orixe cartaxinesa. Traxano (53 - 113): emperador romano, conquistador do reino de Dacia e do imperio parto. Valentín o Gnóstico (100 - 160): fundador da rama máis importante do Gnosticismo. Xulia Domna (170 - 217): importante emperatriz romana. Zhang Heng (78 - 133): científico, inventor e escritor chinés. Zhang Zhong Jing (150 - 219): médico chinés.
Invencións e descubrimentos
100 - 200: Anicut, unha antiga presa, é construída polo rei Chola. 105: Cai Lun da China inventa o papel. 125: Zhang Heng da China inventa a primeira esfera armilar alimentada por auga do mundo. 132: Zhang Heng da China inventa o primeiro sismógrafo para detectar a dirección cardinal dos terremotos. Tolomeo compila un catálogo de todas as estrelas visibles a simple vista. Tamén escrebe tres dos libros máis influentes da historia occidental:Almaxesto,Tetrabiblos e Geographia. Numeración arábiga: desenvolveuse no subcontinente indio entre os séculos I e VI. Dispositivos de cardado: a evidencia máis antiga do uso de instrumentos de arco para cardar procede da India. Inicio da metalurxia nas illas do suroeste asiático. Século II ou III - Buda de pé, de Gandhara, Paquistán, constrúese durante o período Cuxano. Agora consérvase no Museo de Lahore, Lahore.
02