O acholí é unha lingua da familia nilótica do grupo occidental falada en Uganda e no Sudán do Sur.
Distribución xeográfica A maioría dos acholí viven no norte de Uganda, no territorio coñecido como Acholilandia. No cantón de Magwe, no Sudán viven 45.000 (2000)
Falantes 791.796 (1996)
Dialectos Labwor, ás veces clasificada como lingua independente Nyakwai Dhopaluo ou Chopi: 13.000 falantes
Escrita A maior parte do escrito en Acholí son obras de carácter relixioso e compilacións de literatura tradicional. En 1953 Okot p'Bitek publicou a primeira novela en acholí, Lak Tar Miyo Kinyero Wi Lobo (Dentes brancos). En 1986 traduciuse a Biblia. Existe prensa escrita en acholí.
Véxase tamén Ligazóns externas Ethnologue Rupiny, semanario en acholí Conxugador de acholí
Categoría:Linguas nilo-saharianas Categoría:Linguas do Sudán do Sur Categoría:Linguas de Uganda