As Illas Baleares (en catalán e oficialmente: Illes Balears) son un arquipélago e unha comunidade autónoma española situada no mar Mediterráneo, xunto á costa oriental da Península Ibérica. A súa capital é Palma, e a lingua propia autóctona é o catalán. O seu principal recurso é o turismo, sobre todo procedente de Alemaña e do Reino Unido, quen o consideran coma destino de viaxes por excelencia.

O arquipélago está formado por dous grupos de illas e numerosos illotes: as Gimnesias (Menorca, Mallorca e Cabrera e algúns illotes próximos como Dragonera, Conillera e a illa de l'Aire) e as Pitiusas (Eivisa e Formentera e os distintos illotes que as rodean como s'Espalmador e s'Espardell). Ten importantes industrias de alfaias (as perlas de Majórica) e un parque nacional marítimo-terrestre en Cabrera.

Historia Prehistoria e historia antiga miniatura|esquerda|Taula de Torralba As illas estiveron poboadas desde tempos remotos. As primeiras aparicións de poboadores remóntanse ao III milenio a.C. Aínda que hai vestixios dunha presenza humana en Eivisa e Formentera durante a Idade de Bronce, posteriormente durante varios séculos estas illas atopáronse despoboadas, mentres que Mallorca e Menorca estaban habitadas por un pobo mal coñecido, cuxa cultura característica era a cultura talaiótica.

Posteriormente, producíronse colonizacións de gregos, fenicios e cartaxineses. Eivisa e Formentera non volveron ter unha presenza humana estable ata as colonizacións fenicias no século VII a.C., sendo a súa nova poboación moi probablemente de orixe semítico (de fenicios e púnicos). Máis tarde os romanos conquistaron o conxunto das illas no ano 123 a. C., unificando por primeira vez todo o arquipélago baixo unha mesma administración e unha mesma cultura (pois había unha dicotomía do fondo étnico entre as Pitiusas, poboadas por semitas, e as Gimnesias, con xentes pertencentes á cultura talaiótica), aínda que esta colonización foi pouco intensa. Incorporadas en principio á Hispania Citerior e posteriormente á Tarraconense, as illas formaron parte da provincia Carthaginense durante o Baixo Imperio, chegando a finais do século IV a constituírse en provincia independente, Balearica.

Alta Idade Media No ano 455, os vándalos ocuparon as Illas Baleares. Pouco despois, no ano 534, foron conquistadas polas tropas de Xustiniano e integradas ao imperio Bizantino ata principios do século VIII. A crise económica e demográfica do arquipélago, ao longo dos séculos VII ao IX, expúxolles de forma crecente aos ataques exteriores. Logo dunha etapa de incursións, o emirato de Córdoba ocupounas no 903. Posteriormente, dependeron da taifa de Dénia (1013-1067), do imperio almorábide (1120-1203) e dos almohades (do 1203 ata a conquista aragonesa).

Conquista cristiá A Coroa de Aragón experimentou durante os séculos XII e XIII unha forte expansión cara ao Mediterráneo, que a levou até as Baleares. Xaime I de Aragón capitaneou unha frota que desembarcou en Mallorca a finais do verán de 1229. Logo de longos combates que se prolongaron durante meses, o rei entrou vitorioso na cidade o 31 de decembro dese mesmo ano. O asalto foi seguido dunha matanza indiscriminada que ocasionou un verdadeiro xenocidio da poboación mallorquina, tanto é así que os miles de cadáveres que non puideron ser enterrados provocaron unha epidemia entre os conquistadores que causou numerosas baixas. Como consecuencia, os nobres quixeron quedar con todo o botín no canto de sortealo entre a tropa. Isto provocou a revolta de peóns e cabaleiros. Finalmente produciuse a repartición do botín que durou ata o 30 de abril de 1230. miniatura|262px|Castelo de Bellver Grazas a todo isto, os musulmáns sobreviventes tiveron tempo de organizar diversos focos de resistencia nas montañas, o que prolongou un par de anos as loitas contra os musulmáns de Mallorca que, finalmente, terminaron convertidos en escravos ou semi-escravos.

Toda esta destrución debilitou tamén ao exército de Xaime I ata o punto de que, cando Menorca pediu a vasalaxe da Coroa, séndolle concedida. Así, Menorca converteuse nunha Taifa autónoma, onde a relixión e a cultura árabe mantivéronse durante medio século máis. Mais en xaneiro de 1287, a frota de Afonso II, o Franco, chegou ao porto de Maó. Pactouse a capitulación da illa de forma que os caudillos e nobres puideron escapar dos cataláns a cambio de entregar ao resto da poboación para que se lles escravizara. Polo que respecta a Eivissa, tamén foi conquistada por Xaime I, mais en agosto de 1236 os seus habitantes foron tamén escravizados e os seus bens repartidos entre os magnates.

Xaime I de Aragón deu ás illas unha estrutura administrativa bastante autónoma dentro da Coroa de Aragón ao formar estas o Reino de Mallorca, que chegou a ser completamente independente uns anos. Tras a unión dinástica dos Reis Católicos, as illas foron obrigadas a integrarse, do mesmo xeito que os demais reinos da península, na nova unidade dinástica. Máis tarde, aplicouse un decreto español prohibindo o catalán e obrigando a españolizar as illas (1718).

Idade Moderna e Contemporánea miniatura|dereita|Baleares en agosto de 1936, así manterá durante case toda a guerra A illa de Menorca estivo ocupada entre 1708 e 1802 por tropas inglesas, por mor da guerra de sucesión. Durante a II República (1931-1939) proxectouse sen éxito un Estatuto de Autonomía para as Illas Baleares.

En 1936, co inicio da guerra civil española, o arquipélago queda dividido en dúas zonas: a parte central e oeste (Formentera, Eivisa, Mallorca) quedan dentro do area dominada polos militares alzados contra a Segunda República Española, mentres en Menorca fracasa a insurrección. Nos primeiros meses do conflito, desenvolverase desde Cataluña principalmente, unha operación para tomar Mallorca, o chamado Desembarco de Mallorca, que se desenvolvería entre agosto e setembro de 1936 e que finalmente sería rexeitado polo exército franquista, volvendo quedar as cousas igual que antes. A illa de Menorca non será ocupada ata o final da guerra.

Tras a transición regresan os ánimos autonomistas e en 1983 finalmente é aprobado un Estatuto de Autonomía.

Demografía As illas Na seguinte táboa pódense ver as principais illas das Baleares as súas características. miniatura|200px|Mallorca Mapa Fotografía Bandeira Nome Poboación (2008) Superficie (km²) Densidade (hab./km²) 80px 70px 80px Mallorca 846.210 3.625,75 233,39 80px 70px 80px Menorca 92.434 694,39 133,12 80px 70px 80px Eivissa 125.053 569,60 219,55 80px 70px 80px Formentera 9.147 83,24 109,89 80px 70px Cabrera 0 15,69 0

O arquipélago sufriu un gran crecemento demográfico tras o boom turístico dos anos 60: no período 1970-2005, este foi do 76,10%, fronte ao 29,90% da media española. No ano 2005, a poboación total das illas ascendía a 983.131 persoas.

Cidades máis poboadas

Poboación por anos

 Evolución demográfica de Baleares  Ano Poboación % España 1857262.8931,70% 1900311.6491,67% 1910326.0231,63% 1920338.8941,58% 1930365.5121,54% 1940407.4971,57% 1950422.0891,50% 1960443.3271,45% 1970558.2871,64% 1981685.0881,82% 1991745.9441,89% 2001878.6272,14% 20081 071 2212,20% A poboación balear medra a un ritmo vertixinoso, principalmente pola inmigración, que supón o 15,75% de poboación, sendo a primeira Comunidade Autónoma e a segunda provincia (tras Alacant) de España con maior número de residentes foráneos. Un 39,66% dos estranxeiros proveñen da Unión Europea, destacando os alemáns (14,59% do total), os británicos (9,58%), os italianos (5,46%) e os franceses (3,60%). Un 34,34% vén de Iberoamérica, destacando polo seu número os ecuatorianos (10,32%), os arxentinos (7,62%), os colombianos (5,95%) e os uruguaios (2,39%). Un 11,02% vén de África do Norte, principalmente de Marrocos, e un 7,54% provén de Europa do Leste, sobre todo de Romanía e Bulgaria.

Lingua As Baleares son actualmente bilingües no dialecto balear do catalán, xa que foron repoboadas maioritariamente por payeses do Rosellón, Xirona e Barcelona durante a Reconquista, e o castelán. Ademais, nas zonas turísticas, fálanse o inglés e alemán. A pesar da cooficialidade existente, a maioría de carteis municipais e rexionais e demais documentos están en só en catalán, como resultado dunha vontade para conservar a lingua autóctona.

A situación sociolingüística das Illas desembocou nun bilingüismo unidireccional favorable ao castelán, de tal xeito que, aínda que a maioría de habitantes entenden as dúas linguas, o bilingüismo activo (é dicir, falar as dúas linguas) é practicado case exclusivamente polos catalansfalantes, sendo os castelán-falantes maioritariamente monolingües no plano verbal.

Política e administración Goberno miniatura|Palma, capital das Illas. miniatura|Bandeira das Illas Baleares. A capital das Illas Baleares e da illa de Mallorca é a cidade de Palma, tamén chamada Ciutat en Mallorca. Aí está a sede do Goberno das Illas Baleares (Govern) e do Consello Insular de Mallorca.

Á marxe do goberno autonómico, as illas están divididas en catro Consellos Insulares (consells insulars en catalán): Consello Insular de Mallorca Consello Insular de Menorca Consello Insular de Eivisa Consello Insular de Formentera, creado na reforma do Estatut de 2007.

Cabe indicar que nas eleccións habidas en maio de 2007, por primeira vez votouse aos Consellos insulares directamente. Dende as eleccións de 2007 vótase separadamente para o goberno dos Consellos Insulares, cuxos membros anteriormente coincidían cos deputados de cada illa elixidos para o Parlamento das Illas Baleares (Parlament).

Símbolos Os símbolos das Illas Baleares están integrados na bandeira. Estes símbolos son distintivos e lexitimados historicamente: as catro barras horizontais sobre un fondo amarelo, e o cuarto de fondo morado cun castelo branco de cinco torres en medio. Cada illa tamén pode ter a súa propia bandeira.

Aínda así, foise cuestionandoHeráldica e Vexilografía das Illas Baleares, dende a súa oficialización o uso desta bandeira e a súa lexitimación histórica, xa que moitas veces só é considerada unha modificación da bandeira de Mallorca, que de feito tamén está inspirada escudo de Palma.

O outro símbolo das Illas Baleares, é o Día das Illas Baleares, festexado o 1 de marzo, data na que entrou en vigor o Estatuto de Autonomía de 1983.

Etimoloxía miniatura|200px|Fondeiro balear A pesar que durante moito tempo creuse que "Baleares" proviña da palabra grega ballein que significa "lanzar", ultimamente cambiouse de opinión e parece que se descarta a orixe helénico. O certo é que os gregos utilizaron a palabra Gimnesias para referirse ás illas de Menorca e Mallorca. En cambio, cartaxineses e romanos preferiron a denominación "Baleares" para Menorca e Mallorca. Todos eles chamaron a Eivissa e Formentera Pitiusas.

A orixe do nome "Baleares" non é grego senón fenicio. Provén do plural "ba' lé yaroh". O substantivo "ba' lé" significa "os que exercitan o oficio de" e actúa como suxeito do verbo "yaroh" que significa "tirar pedras". O significado final sería algo así como "os mestres do lanzamento". E estes mestres do lanzamento son os fondeiros das illas. Así pois, Baleares significa "fondeiros". Autores clásicos como Plinio ou Diodoro falaron moito deles. Pero é a narración de Licofronte de Calcis, no seu poema hermético Alexandra (versos 633-641), cando fala dos fuxitivos da guerra de Troia que chegan ás Baleares, ás que o chama Gimnesias, onde se dá esta descrición:

Esta fama e probablemente un exceso de poboación deu lugar a que moitos destes fondeiros das illas terminasen nutrindo aos exércitos cartaxinés e, máis tarde, romano. Parece ser que o costume de utilizar a fonda nas illas non se abandonou entre os campesiños ata ben entrado o século XX. En Menorca, ata non fai moitos anos, existía a tradición que, para entrar en determinados gremios, o aspirante tiña que acertar cunha pedra, e sen errar ningún tiro, oito espazos baleiros entre dúas barras.

Historia natural