As Illas Canarias son un arquipélago do Atlántico, unha das dezasete comunidades autónomas de España e unha das rexións ultraperiféricas da Unión Europea.Article 6 of Council Directive 2006/112/EC of 28 November 2006 (as amended) on the common system of value added tax (OJ L 347, 11.12.2006, p. 1) Está formada por oito illas: El Hierro, La Gomera, La Palma e Tenerife, que forman a provincia de Santa Cruz de Tenerife; e Fuerteventura, Gran Canaria, Lanzarote e La Graciosa, que forman a provincia das Palmas. Tamén fan parte das Canarias os illotes deshabitados de Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste, que forman xunto coa illa de La Graciosa o Arquipélago Chinijo, e a Illa de Lobos, todos eles pertencentes á provincia das Palmas.
O arquipélago está situado fronte á costa noroeste de África, entre as coordenadas 27°37′ e29°25′ de latitude norte e 13°20′ e 18º 10' de lonxitude oeste, situación que implica unha diferenza dunha hora entre as Canarias e o resto de España. A illa de Fuerteventura dista uns 95 km da costa africana. Con todo, son aproximadamente 1 400 km os que separan a Canarias do continente europeo. A pesar disto, a cultura das illas é occidental, a medio camiño entre Europa e Latinoamérica.
As illas, de orixe volcánica, son parte da rexión natural da Macaronesia xunto cos arquipélagos de Cabo Verde, Os Azores, Madeira e Salvaxes. O seu clima é subtropical, aínda que modificado pola altura e a vertente norte ou sur. Esta variabilidade climática xera unha gran diversidade biolóxica que, xunto á riqueza paisaxística e xeolóxica, xustifica a existencia nas Canarias de catro parques nacionaisNuestros parques nacionais de España na web do Ministerio de Medio Ambiente. e que varias illas sexan reservas da biosfera da UNESCO. Lista de Reservas da Biosfera en Europa e Norteamérica na páxina web da UNESCO. En inglés. Estes atractivos naturais, o bo clima e as praias fan das illas un importante destino turístico, sendo visitadas cada ano por preto de 12 millóns de persoas (11 986 059 en 2007, destacando un 29% de británicos, 22% españois peninsulares e un 21% alemáns).Páxina web do ISTAC sobre entrada de turistas en Canarias.
A capitalidade da comunidade é compartida entre as súas dúas principais cidades: Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria; a sede do Presidente do Goberno autonómico alterna entre ambas por períodos lexislativos, sendo a sede do Vicepresidente distinta á do Presidente. O Parlamento das Canarias está en Santa Cruz de Tenerife, mentres que a sede da Delegación do Goberno se sitúa nas Palmas de Gran Canaria, existindo ademais unha Subdelegación do Goberno en cada unha das dúas cidades. Así mesmo, hai un equilibrio entre as dúas capitais en canto a consellerías e institucións públicas. Non existen deputacións provinciais como no resto de España, sendo cada illa gobernada polo seu respectivo Cabido, excepto as illas e illotes do Arquipélago Chinijo, os cales son gobernados polo Cabido de Lanzarote, e a Illa de Lobos, gobernada polo Cabido de Fuerteventura.
Historia As illas Canarias eran habitadas desde antes da conquista europea polos guanches. O termo guanche era o xentilicio dos habitantes da illa de Tenerife, pero máis tarde foi empregado para referirse a todos os habitantes orixinais do arquipélago. Eran un pobo antigo, relacionado cos bérberes do norte de África. Non se coñecen os detalles precisos da colonización das illas, pero as teorías máis aceptadas suxiren que estas poboacións foron traídas polos fenicios e romanos. As principais actividades económicas destas persoas eran de pasto, cultivo, colleita de froitas e de peixes ao longo da costa.
No século XIV, as illas foron descubertas por monarquías e estados feudais en Europa. Foron varias as visitas de mallorquinos, portugueses e xenoveses. O navegante xenovés Lanceloto Malocello estableceuse na illa de Lanzarote en 1312. Os mallorquinos estableceron unha misión nas illas (logo do viaxe de Francesc Desvaler), cun bispo, que permaneceu de 1350 ata 1400 e do que proceden algunhas imaxes de virxes que eran adoradas polos guanches. Durante os seguintes cincuenta anos, co permiso papal e o apoio da coroa castelá, varias expedicións foron organizadas para os escravos, peles, e colorantes.
1402 é considerado o ano do inicio da conquista das illas coa expedición a Lanzarote dos normandos Jean de Bethencourt e Gadifer de la Salle, sen intervención directa da Coroa de Castela mais si indirecta por medio de pactos de vasalaxe. Dada a difícil orografía, a falta de interese comercial e a resistencia dos nativos, a conquista non foi rematada ata 1496, cando se renderon os últimos nativos de Tenerife, e as illas foron incorporadas á coroa. A conquista das Canarias, que durou case 100 anos, foi o precedente da conquista do Novo Mundo.
Cando se completou a conquista das illas, impúxose un novo modelo económico baseado no monocultivo, a cana de azucre en primeiro lugar. Nesta época creáronse as primeiras institucións e órganos gobernamentais. Co descubrimento de América e a posterior conquista, as illas convertéronse nun punto de parada para rutas de comercio con América, África e a India, o porto de Santa Cruz de la Palma chegou a ser un dos portos máis importantes do Imperio Español, e isto foi acompañado dunha gran prosperidade de determinados sectores da sociedade nas Illas. A crise do monocultivo do século XVIII e a independencia das colonias americanas durante o século XIX produciron graves crises económicas. Tras a crise económica sufrida polo arquipélago, houbo grandes ondas de emigración para as Américas.
A principios do século XX introduciuse o monocultivo da banana nas Canarias, e grandes empresas como Fyffes controlaron a súa exportación. A rivalidade entre as elites das cidades de Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria pola capitalidade das illas levou á división da provincia das Canarias en dúas provincias en 1927.
Tras a morte de Francisco Franco e do establecemento dun sistema democrático de monarquía constitucional realizouse un Estatuto de Autonomía, aprobado en 1982. Canarias é actualmente regulada pola Coalición Canaria, pero é unha minoría no Parlamento.
Illas 250px|miniatura|Mapa das Illas Canarias Tenerife: É a maior illa do arquipélago das Canarias e tamén a máis poboada das illas de España. No seu territorio existen as dúas principais cidades das Illas: Santa Cruz de Tenerife e San Cristóbal de la Laguna. Santa Cruz de Tenerife é a capital e a sede do Parlamento das Illas Canarias e Cabido de Tenerife. San Cristóbal de La Laguna foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e é a súa sede na Universidade de La Laguna (a primeira universidade das Canarias). Cómpre mencionar tamén a Vila Mariana de Candelaria, onde está a imaxe da Virxe da Candeloria, patroa das Illas Canarias. A illa e o Monte Teide, cos seus 3.718 metros é a máis elevada en España e a terceira maior do mundo a partir da súa base. O volcán Teide e todo o parque nacional son tamén Patrimonio da Humanidade desde 2007. Gran Canaria: É a illa máis poboada da provincia das Palmas e a terceira maior illa do arquipélago (despois de Tenerife e Fuerteventura). A súa capital é As Palmas de Gran Canaria. No seu macizo central destaca o Roque Nublo (1.813 m) e Pico de las Nieves (1.949 m), o punto máis alto da illa. Lanzarote: É a illa máis antiga e oriental do arquipélago, a pesar de ter recente actividade volcánica. O punto máis alto de Peñas del Chache está no Macizo de Famara, con 670 metros. A capital é Arrecife. Arquipélago Chinijo: Situado ao norte de Lanzarote, está formado polas illas e illotes de La Graciosa, Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste, e depende administrativamente do concello de Teguise. A única illa habitada é La Graciosa e a súa capital é Caleta de Sebo. Fuerteventura: É a segunda maior illa do arquipélago. A capital é Puerto del Rosario. A case 2 km ao nordeste da illa está a illa de Lobos. La Palma: É a segunda maior illa das Canarias, co pico de Roque de los Muchachos (2.426 metros). Pola súa vexetación exuberante, La Palma é tamén coñecida como "Isla Bonita". A súa capital é Santa Cruz de la Palma. La Gomera: É a segunda illa menos poboada e, xeoloxicamente, unha das máis antigas do arquipélago. A capital da illa é San Sebastián de la Gomera. A illa foi o último territorio que Colón visitou antes de ir a América na súa viaxe de descubrimento, en 1492. El Hierro: É a illa máis occidental, a máis pequena e a menos poboada das illas con administración propia. A súa capital é Valverde. La Graciosa: Era recoñecida, ata o 26 xuño de 2018, como un illote e, desde esa data, pasou a ser considerada a oitava illa habitada das Canarias. É a illa máis setentrional, a máis pequena e a menos poboada das Canarias. A capital da illa é Caleta de Sebo.
Xeografía miniatura|250px|O Teide en Tenerife, é con 3.718 metros sobre o nivel do mar, o punto máis alto de España.
Montañas de maior altitude en cada unha das illas Pico Altitude Illa Teide 3.718 metros Tenerife Roque de los Muchachos 2.426 metros La Palma Pico de las Nieves 1.949 metros Gran Canaria Pico de Malpaso 1.500 metros El Hierro Garajonay 1.487 metros La Gomera Pico de la Zarza 812 metros Fuerteventura Peñas del Chache 670 metros Lanzarote Caldera de Alegranza 289 m Alegranza Las Agujas 266 m La Graciosa La Mariana 256 m Montaña Clara Canarias é un arquipélago volcánico moi recente xeoloxicamente, cuns 30 millóns de anos de antigüidade. Os seus grandes edificios volcánicos apóianse sobre grandes bloques da codia oceánica, e na zona de contacto coa codia continental africana. A disposición das illas reflicte a rede de fallas presentes na codia oceánica.
A historia xeolóxica das illas é moi complexa. Atópanse varias fases de coadas de lavas que dan un típico relevo volcánico. Durante as grandes glaciacións, as Canarias tiveron un clima máis árido que favoreceu a erosión e a aparición de derrubas nas ladeiras e os barrancos.
As costas son as máis expostas ao ímpeto da erosión, debido á actividade mariña. Hai moi poucas zonas de acumulación, o que supón a existencia de moi poucas praias naturais. Predominan os grandes cantís. É destacable que Canarias é a rexión española con maior lonxitude de costas: 1.583 km.
Os barrancos son moi característicos das Illas Canarias: trátase da canle esporádica por onde se dirixen as augas correntes das illas. O seu percorrido é curto, e xeralmente teñen un perfil rectilíneo moi marcado. A súa canle está tapizada de derrubas arrastradas polas augas.
Clima 250px|miniatura|Canarias afectada polo po en suspensión procedente do deserto do Sáhara, fenómeno coñecido como calixe ou po en suspensión. O clima é subtropical oceánico, con temperaturas mitigadas todo o ano polo mar e no verán polos ventos alisios. Danse variacións moi importantes en canto ao réxime de precipitacións. Nalgunhas zonas da illa de La Palma, por exemplo, as precipitacións anuais chegan a superar os 1.200 litros. Nas illas orientais as precipitacións son máis escasas que nas occidentais; así Fuerteventura e Lanzarote caracterízanse por un clima árido semidesértico. A escaseza de choiva levou á instalación de desalgadoras para abastecer zonas urbanas, como nas Palmas de Gran Canaria ou Santa Cruz de Tenerife. De feito, a primeira planta desalgadora de España instalouse na illa de Lanzarote en 1964, e na actualidade esta illa e Fuerteventura abastécense totalmente de auga do mar desalgada.