Oceanía () é un continente da Terra, situado no océano Pacífico, constituído por Australasia, Melanesia, Micronesia e Polinesia. Oceanía ten unha superficie terrestre de 8 525 989 km2 e unha poboación de 43 275 869 (dato actualizado ao 6 de agosto de 2021).

Limita ó oeste con Asia (Xapón, Filipinas, Indonesia), ó leste con América, ó norte con Asia (Siberia) e América (Alasca), e ó sur coa Antártida.

Historia

Prehistoria e primeiros poboadores 280px|dereita|miniatura|A masa continental de Sahul, antes que a elevación do nivel dos océanos separase a Australia, Nova Guinea e Tasmania trala última era glacial. O nome Oceanía foi cuñado polo xeógrafo Conrad Malte-Brun en 1812; Océanie provén do grego okeanos 'océan'.Oceania". Oxford English Dictionary. Oxford University Press. 2nd ed. 1989.

Os primeiros humanos que poboaron Oceanía, e que son os devanceiros dos actuais papúas e nativos australianos, chegaron hai máis de 49.000 anos procedentes do sueste de Asia. A esta primeira vaga humana seguiu a dos austronesios, tamén de orixe asiática, que se estenderían cara ao leste ata a Illa de Pascua. Tanto a migración pre-austronesia como a posterior inmigración austronesia déronse en vagas diferentes durante varios milenios. Hai 18 mil anos Nova Guinea e Australia formaban unha única masa de terra poboada por seres humanos, posteriormente a subida do nivel do mar illou as poboacións en tres grupos Nova Guinea, Australia e Tasmania (ademais dalgunhas poucas illas menores). Ditas poboacións evolucionaron separadamente baixo condicións ecolóxicas diverxentes e desenvolveron padróns culturais independentes. Por outra banda, a presenza austronesia en Oceanía está testemuñada arqueoloxicamente xa no milenio II a. C., cando ocupaba basicamente rexións dentro de Melanesia, aínda que as últimas illas importantes en ser colonizadas foron alcanzadas durante o primeiro milenio I d.C..

Dominio do Imperio tongano No 950 d.C. o Imperio Tu'i Tonga dominou a maioría das illas de Oceanía, nos seus comezos os reis lograron desfacerse do dominio estranxeiro e consolidou o poder do imperio no que hoxe é Tonga. Contra o ano 1200 comezou a súa expansión que se deu ata, aproximadamente o 1500. O imperio conquistou o que hoxe en día se coñece como Fiji, partes de Samoa e outras illas da polinesia como as Illas Cook e Niue. A grande habilidade para construír canoas e o bo sistema aplicado ás invasións facilitou que Tu'i Tonga se establecese en máis illas aínda.

Próximo ao ano 1500 desatáronse moitos problemas na realeza do imperio que debilitou a súa figura nas colonias, que conseguiron moita autonomía da coroa real e o poder central. En 1799 foi asasinado Tuku'aho, o rei que posuía o poder nese momento, o que desatou unha terrible guerra civil. Xa coa presenza europea a guerra civil terminou de devastar os dous bandos, deixando o imperio diminuído nas mans da coroa británica.

Colonización europea miniatura|Galeón neerlandés, utilizado na conquista do continente. 180px|miniatura|esquerda|A localidade de Levuka (Fiji) cara 1842. Os españois, con Fernão de Magalhães á fronte da expedición que circunnavegaría o mundo por primeira vez, descubriron as Marianas e outras illas de Oceanía. Magalláns morrería posteriormente en Filipinas. Pouco despois exploraron a rexión os portugueses: En 1525 descubriron as Carolinas e, ao ano seguinte, Nova Guinea. Os neerlandeses percorreron en 1642 o litoral de Australia e descubriron Tasmania, as illas Tonga, Fiji e Bismark. Entre tanto, desde Acapulco (México) e o Callao (Perú) partiron expedicións españolas que acharon numerosas illas do Pacífico.

No século XVIII foron os británicos e os franceses os que exploraron a rexión. Entre 1764 e 1770, os británicos percorreron Tahití, Samoa, Salomón e Novas Hébridas. James Cook, entre 1768 e 1779, chegou ás illas da Sociedade, Nova Zelandia, as Marquesas, Novas Hébridas e Hawai. Os franceses exploraron as illas paralelamente aos británicos. Todas estas viaxes determinaron a repartición de Oceanía entre Gran Bretaña, Francia e outros países.

En 1831, Jules Dumont d'Urville dividiu as illas de Oceanía en Melanesia, Micronesia, Insulindia e Polinesia, as cales conxuntamente con Australia conforman a división tradicional.

Independencia das illas miniatura|esquerda|200px|Apertura do Parlamento de Australia en 1901. A finais do século XIX e comezos do XX, comezaron os desexos de independencia nas colonias británicas, Australia e Nova Zelandia, en 1901 e en 1907, respectivamente, abriron o camiño aos restantes países cara á independencia.

Os países máis débiles e pobres só puideron declararse independentes durante a segunda metade do século XX. En 1962, Samoa declarou a súa independencia de Nova Zelandia, que a ocupou anos antes; logo seguiron Nauru en 1968, Fiji e Tonga en 1970, as Illas Salomón e Tuvalu en 1978, os Estados Federados de Micronesia e Kiribati en 1979 (aínda que recoñecida en 1990 para Micronesia), Vanuatu en 1980, as Illas Marshall en 1990 e Palau en 1994 seguíronos no proceso de liberdade.

Estas nacións formaron o Foro das Illas do Pacífico para intentar axudar a países que aínda están baixo o mandato de potencias, como Guam, en poder dos Estados Unidos, e Nova Caledonia e Polinesia Francesa, ambas en poder de Francia.

Xeografía Relevo 50px|N0-30, E90-120 50px|N0-30, E120-150 50px|N0-30, E150-W150 50px|N0-30, W150-120 50px|N0-30, W120-90 50px|S0-30, E90-120 50px|S0-30, E120-150 50px|S0-30, E150-W150 50px|S0-30, W150-120 50px|S0-30, W120-90 50px|S30-60, E90-120 50px|S30-60, E120-150 50px|S30-60, E150-W150 50px|S30-60, W150-120 50px|S30-60, W120-90Mapa físico de Oceanía.

O termo Oceanía cobre unha rexión macroxeográfica situada entre Asia e América, con Australia continental como a masa principal do continente, seguida polos moito menores e próximas illas de Nova Guinea, Tasmania e Nova Zelandia, ás que se suman unhas 25.000 pequenas illas dispersas no Pacífico.

Os territorios de Oceanía esténdense desde o sueste de Asia polo océano Pacífico cara a América. Coa súa extensión de 9.008.458 km² é o continente máis pequeno do mundo. Está bañada polos océanos Índico e Pacífico, cun total de 25.760 km de costas e posúe a segunda maior illa do mundo, Nova Guinea, con 785.753 km². O clima é fortemente influenciado por correntes oceánicas, incluíndo O Neno, o cal causa secas periódicas, e o sistema estacional tropical de baixa presión, que produce ciclóns no norte de Australia.

A rexión desértica ou semiárida é a de maior extensión: un 40% do seu territorio está cuberto por dunas de area. Oceanía é o continente máis seco, máis plano, cos terreos de maior antigüidade e os menos fértiles. Curiosamente, a montaña máis alta do continente, o Monte Jaya (4.884 m), non se acha en Australia, senón que se atopa na illa de Nova Guinea, pertencendo a Indonesia. O Monte Kosciuszko, con 2228 m, é a principal elevación de Oceanía continental.

Puntos extremos Os puntos xeográficos extremos de Oceanía son os seguintes:

Punto máis ao norte: atol Kure, Hawai. Punto máis ao leste: Illa Sala e Gómez, Chile. Punto máis ao sur: Illa Macquarie, Australia. Punto máis ao oeste: Illa West, Australia.

Xeografía política División política

miniatura|centro|750px|Mapa político de Oceanía. Desde a chegada dos colonizadores europeos, Oceanía estivo dividida nunha serie de territorios dependentes, os que comezaron a alcanzar a súa autonomía só a partir de mediados do século XX, fóra diso Australia e Nova Zelandia, que o fixeron a principios desa centuria.

Na actualidade, aínda quedan moitos territorios non independizados, principalmente colonias do Reino Unido e Francia, dependencias dos Estados Unidos e algúns territorios con convenios de soberanía con Australia ou con Nova Zelandia, aos que se suman a Illa de Pascua e a Illa Salas y Gómez, pertencentes a Chile.

border|20pxAustraliaborder|20pxNauruborder|20pxFijiborder|20pxNiue (Nova Zelandia)border|20pxGuam (Estados Unidos)border|20pxNorfolk (Australia)border|20pxHawai (Estados Unidos)border|20pxNova Caledonia (Francia)border|20pxIlla de Nadal (Australia)border|20pxNova Zelandiaborder|20pxIlla de Pascua (Chile)border|20pxPalau Illas Cocos (Australia)border|20pxPapúa-Nova Guineaborder|20pxIllas Cook (Nova Zelandia) border|20pxPolinesia Francesa (Francia)border|20pxIllas Marianas do Norte (Estados Unidos)border|20pxSamoaborder|20pxIllas Marshall border|20pxSamoa Americana (Estados Unidos)border|20pxIllas Pitcairn (Reino Unido)border|20pxTokelau (Nova Zelandia)border|20pxIllas Salomónborder|20pxTongaborder|20pxIllas Menores dos EE. UU. (Estados Unidos)border|20pxTuvaluborder|20pxKiribatiborder|20pxVanuatuborder|20pxMicronesiaborder|20pxWallis e Futuna (Francia)

miniatura|dereita|300px|División cultural do océano Pacífico. A definición exacta de que territorios pertencen ao continente é moi variada:

Adóitase incluír en Oceanía todo o territorio situado dentro da placa tectónica australiana que, ademais de Australia, inclúe a illa de Tasmania, Nova Zelandia e o sur da illa de Nova Guinea. A liña de Wallace define o límite bioxeográfico entre Asia e Oceanía, mentres que a liña de Weber o límite cultural. Os arquipélagos situados en Micronesia, Melanesia e Polinesia sempre se inclúen en Oceanía. Un sector dos entendidos inclúe a Insulindia (que politicamente inclúe Indonesia, Filipinas, Brunei, Timor oriental, Sabah e Sarawak) como parte de Oceanía o que se viu reflectido nalgúns atlas e no popular xogo de taboleiro Risk. O campo da lingüística comproba este límite dado que as linguas faladas en Melanesia, Polinesia, Micronesia e Insulindia están tan estreitamente emparentadas que conforman a subfamilia lingüística malaio-polinesia. Investigacións xenéticas tamén corroboran este límite ao demostraren o estreito lazo étnico entre estas zonas de Oceanía.Kayser, Manfred et. a o. 2006. Melanesian and Asian Origins of Polynesians: mtDNA and E Chromosome Gradients Across the Pacific; Molecular Biology and Evolution 23(11): 2234-2244. Un sector dos xeógrafos e en especial os bioxeógrafos consideran que o límite entre Asia e Oceanía é a liña de Wallace, incluíndo desta forma en Oceanía ás illas de Célebes, Sumba, Flores, Timor, as Illas Molucas e da Sonda. O territorio do leste de Indonesia situado dentro da Placa Australiana e constituído polo sur de Nova Guinea Occidental e outras illas máis pequenas, xeoloxicamente son parte de Oceanía. Os nexos políticos con Asia fan que en ocasións estes territorios sexan definidos como parte deste último continente, definíndose así a fronteira política. O arquipélago polinesio de Hawai é un estado estadounidense. As illas hawaianas están a algunha distancia da maior parte das illas de Oceanía, pero están culturalmente moito máis preto do resto de Oceanía que de América. Os poucos territorios dos Estados Unidos no Pacífico Norte (denominados en forma agrupada como illas ultramarinas) están deshabitados, excepto polo persoal itinerante de servizo. Son agrupados moitas veces xunto á parte continental dos Estados Unidos, dentro do continente americano. A Illa de Pascua é unha illa polinesia situada no Pacífico Oriental, pertencente a Chile, e é polo xeral incluída en Oceanía como o seu punto máis oriental, debido en parte a que os seus antigos habitantes procedían da Polinesia. Por pertencer a Chile, é o único lugar de Oceanía onde o español é idioma oficial. En Chile, tamén se considera que a próxima illa Salas y Gómez pertence xeograficamente a Oceanía. Nova Zelandia está dentro do chamado triángulo polinesio e neste sentido forma parte de Polinesia. A de Nova Zelandia constitúe unha das maiores culturas de Polinesia. A República Democrática de Timor Leste é un país que adoita ser considerado parte do continente australiano, polo que ás veces se inclúe en Oceanía.