openSUSE é unha distribución Linux enfocada a aplicacións en múltiples ámbitos de uso. Esta distribución arestora desenvólvea o proxecto openSUSE, a comunidade arredor do proceso de desenvolvemento, e xurdiu das anteriores SUSE Linux e SuSE Linux Professional. O seu desenvolvemento está apoiado por patrocinadores como SUSE Linux GmbH e AMD. Amplamente usada Véxase o listado de popularidade de Distrowatch. En abril de 2017 openSUSE situábase como a quinta distribución máis descargada, cunha media de 1235 descargas por IP único por día nos seis meses anteriores., o desenvolvemento desta distribución está pensado en crear ferramentas de software libre fáciles de usar por desenvolvedores de software, administradores de sistemas mais sempre sen deixar de ser sinxela de usar como contorno de escritorio e servidor con múltiples opcións de xestión.

A primeira versión foi a beta SUSE Linux 10.0 e a última versión liberada foi openSUSE 42.3. O proxecto ofrece unha versión continua, ou "rolling release", á que lle chaman openSUSE Tumbleweed. Tumbleweed actualízase continuamente con software probado e de versións estables. Os lanzamentos estables da distribución denomínanse openSUSE Leap e fanse periodicamente. openSUSE desenvolve ferramentas para a distribución como YaST ou zypper e outros servizos como Open Build Service, openQA, Snapper, Machinery, Portus ou Kiwi. Os escritorios que ofrece son KDE Plasma e GNOME Shell, ademais de Cinnamon, Enlightenment, LXDE, MATE ou Xfce.openSUSE: Graphical user interfaces

Trala adquisición de SUSE Linux AG no 2004 Novell Completes Acquisition of SUSE LINUX a empresa Novell decidiu lanzar o produto SUSE Linux Professional coma un proxecto libre coa intención de que nacera unha comunidade arredor do proceso de desenvolvemento: o proxecto openSUSE. Posteriormente The Attachmate Group adquiriu a Novell e partiu a compañía en dúas subsidiarias: Novell e SUSE. Trala fusión de The Attachmate Group con Micro Focus en novembro de 2014, SUSE consolidouse como unidade empresarial propia.

Visión xeral A comunidade do proxecto openSUSE, patrocinada por SUSE, desenvolve e mantén as compoñentes da distribución openSUSE e a empresarial SUSE Linux. openSUSE foi a distribución sucesora de SUSE Linux Professional.

Ademais da distribución e outras ferramentas, o proxecto openSUSE ten un portal web para facilitar a colaboración no proxecto e coordinalo. Esta comunidade, xunto cos patrocinadores, adícase a desenvolver de xeito colaborativo a distribución a través do Open Build Service e openQA, a escribir documentación, crear o deseño gráfico, comunicarse por listas de correo e canles de IRC e a mellorar a páxina de openSUSE facendo uso da interface wiki.

O lanzamento de openSUSE Leap faise para ofrecer unha base estable para uso habitual. Ademais, pensando naqueles usuarios que precisan ou queren usar software ao día, liberase unha versión de actualización continua, ou "rolling release", chamada Tumbleweed. Grazas á plataforma Open Build Service os usuarios poden crear distribucións personalizadas. A flexibilidade de openSUSE permite manter un servidor web ou correo.

Como case todas as distribucións Linux, openSUSE pódese empregar usando interfaces gráficas (GUI) ou liñas de comandos. openSUSE permite a instalación de múltiples contornos de escritorio, como KDE Plasma, GNOME, LXDE ou Xfce. openSUSE ten miles de paquetes de software libre para instalar.

Historia A distribucións SUSE Linux naceu inicialmente coma unha compañía adicada á tradución da distribución linux Slackware ao alemán. A mediados do 1992 Peter MacDonald fundou Softlanding Linux System (SLS), a primeira distribución que tiña elementos coma o sistema de xanelas X ou TCP/IP. Slackware tivo a orixe nesa distribución. No ano de nacemento desta distribución fundouse S.u.S.E coma un grupo consultor de Unix que, entre outras cousas, lanzaba paquetes de software que incluían a SLS e Slackware e imprimían manuais UNIX/Linux ademais de os traducir. Todo iso fixérono en estreita colaboración co fundador de SLS, Peter MacDonalds. S.u.S.E é un acrónimo da frase xermana "Software- und System-Entwicklung" (ou "software e sistemas de desenvolvemento"). Porén, existe o rumor na comunidade anglófona de que o nome é un tributo ao pioneiro xermano da informática Konrad Zuze, apelido que en fala inglesa ten esa pronuncia. Inicialmente S.u.S.E, no ano 1994, adicouse á venda dunha versión de SLS/Slackware que ocupaba 40 disquetes e á que lle chamaron "S.u.S.E Linux 1.0". Nun determinado momento decidiron que se necesitaba unha distribución cun sistema de instalación mellor e ferramentas de configuración avanzadas. Con iso optaron por comezar a basear a distribución en Jurix, producida por Florian La Roche. Neste momento comezou o desenvolvemento de YaST, o sistema de administración da distribución. Este sae no lanzamento de S.u.S.E Linux 4.2 no ano 1996. No ano 1997 fundouse "S.u.S.E., LLC" con sede en Oakland (California), coa pretensión de chegar ao mercado americano. Mais adiante SuSE foi integrando moitos aspectos de Red Hat Linux, coma foron o sistema de xestión de paquetes RPM e /etc/sysconfig.

Coa intención de chegar mellor aos seus compradores de empresas, SuSE introduciu no ano 2001 a SUSE Linux Enterprise Server. En setembro de 2004 trocou o nome da compañía á SUSE Linux como parte dunha nova reorganización estratéxica. En novembro do ano 2003 Novell anunciou que adquiría SUSE Linux mais afirmou que non pretendía a "medio prazo" mudar o xeito no que SUSE Linux se desenvolvía. Mais na conferencia Brainshare anual de Novell anunciou que a ferramenta de administración de SUSE Linux YaST2 pasaba ser de código aberto, ao lle outorgar a licenza GPL. En agosto do 2005 Novell anunciou que a serie SUSE Professional pasaba a ser máis aberta. Abríase a que fose feita desde dentro da comunidade openSUSE, coa intención de que así chegara a maior audiencia de usuarios e desenvolvedores. Nace deste xeito openSUSE como distribución. Inda que xa o código estaba a libre disposición dende a compra por parte de Novell, e era código libre sensu stricto, o proceso de desenvolvemento de código xestionábase dentro da compañía. Traballaban con ftp e facendo liberacións cada dous meses. Non foi ata a liberación da versión 10.0 que houbo unha versión de probas beta desenvolta totalmente pola comunidade.

Na versión 10.2 a distribución SUSE Linux pasou a chamarse openSUSE. En abril de 2011, Attachmate comprou a Novell. Attachmate partiu a compañía Novell en dúas unidades empresariais independentes: Novell e SUSE. Attachmate non fixo cambios na relación entre SUSE, á que antes se lle chamara Novell, e o proxecto openSUSE. Despois dunha fusión en 2014 do grupo Attachmate con Micro Focus, SUSE consolidouse na súa contribución á comunidade openSUSE.

A distribución openSUSE está lista para descarga gratis e uso libre e tamén dispoñible para compra en soporte físico. Está dispoñible para instalación en arquitecturas x86 e x86-64.

As edicións e lanzamentos da distribución son: openSUSE Factory: ata ao 2014 a edición en continuo desenvolvemento da distribución denominábase Factory. O grupo de desenvolvemento xeraba copias regulares a partir desta, as milestones e RCRC de "release candidate", que eran as candidatas á publicación., e elaboraba as versións estables. Esta tamén era a fonte que fornecía a Tumbleweed. openSUSE Tumbleweed: é a versión de actualización continua ou rolling release. Ata ao 2014 era a distribución na que se ían engadindo continuamente os novos paquetes estables de Factory tan axiña como están dispoñibles para usar. No 2014, xunguíronse Factory e Tumbleweed, quedando esta última como a distribución de actualización continua de openSUSE. openSUSE Leap: é a versión estable híbrida da distribución. En versión regulares, Leap combina a base de SUSE Linux Enterprise (SLE) coas achegas do desenvolvemento da comunidade.

Os lanzamentos de openSUSE Leap pódese comprar en soporte DVD e con manuais completos: a openSUSE Retail Edition ou openSUSE Box. Chámaselle openSUSE Download Edition ás versións dispoñibles para descarga en formato ISOPáxina de descargas de openSUSE, tamén desde repositorios FTP. Estas pódense empregar para a execución como Live-CD e virtualización, cos escritorios KDE Plasma e GNOME, e para instalar no disco. A diferenza da Retail Edition, as Download Edition non teñen soporte técnico nin manuais impresos.

Versións Desde o inicio do desenvolvemento, a distribución pasou polas etapas de ser a distribución SuSE Linux baseada en Slackware (ata 1995), a SuSE Linux (ata 2003), a SUSE Linux e abrir o seu proceso de desenvolvemento, e a ser desde a versión 10.3 de 2007 openSUSE.

Desde a versión 13.2, o proxecto openSUSE mantén continuamente a súa versión con actualizacións continuas con Tumbleweed, e libera versións regulares con Leap.openSUSE Release Cycle As versión menores da Leap publícanse cada 12 meses, igual que se fai cos paquetes de servizo de SUSE Linux Enterprise, e unha principal entre 36 ou 48 meses, igual que os lanzamentos de SUSE Linux Enterprise. Esperase que os usuarios instalen a nova versión Lean nos seguintes 6 meses e que esta lles ofreza soporte técnico durante os seguinte 18 meses.

Evergreen é o termo que se lle dá ao esforzo da comunidade openSUSE para prolongar o mantemento de versións despois de que finalice o soporte oficial da versión.

Serie 10 SUSE Linux 10.0 sae en outubro de 2005 e foi primeira versión estable do proxecto Libérase SUSE Linux 10.0. Esta foi a primeira vez que a ISO distribución podía ser descargada libremente, ou solicitando o produto empaquetado, de maneira ordinaria.

SUSE Linux 10.1 sae en maio de 2006. Destacan nesta edición o controlador de redes Networkmanager, o de seguridade AppArmor e o virtualizador Xen.Anuncio do lanzamento de SUSE Linux 10.1 GM

Con esta edición openSUSE 10.2 de decembro de 2006, a distribución mudou o nome de SUSE Linux a openSUSE. Trouxo cambios nas interfaces dos escritorios KDE e GNOME. O sistema de ficheiros mudou a ext3 como predefinido, mellorando a xestión de consumo, mellorando o soporte para cámaras fotográficas e mellorando o sistema de xestión de paquetes.

openSUSE 10.3 liberouse en outubro do 2007. Anuncio do lanzamento de openSUSE 10.3 GM A actualización do kernel reduciu o tempo de arrinque do sistema. Mellorou o sistema de xestión de paquetes zypper, ao se facer compatible con yum ou smart. Introduciuse a instalación de software cun só clic, que só precisa de facer unha busca na web do proxecto. Co contorno KDE 4 introduciuse a xestión de copias de seguridade de escritorio. Anucio de opensuse 10.3 GM.

Serie 11 openSUSE 11.0 sae en 2008. Nesta o xestor de instalacións zypper aumentou a súa velocidade de instalación e YaST2 remodelou a interface, especialmente na versión para KDE grazas a ser portado a Qt4. Anuncio de lanzamento de openSUSE 11.0 GM A instalación completa da distribución reduciuse ata os 20 minutos.

openSUSE 11.0 sae a finais do 2008. Supón melloras en elementos esenciais da distribución como o kernel de linux, X.org ou actualizacións nos contornos de escritorio. Inclúe openJDK, unha implementación libre de Java. openSUSE 11.1 foi o primeiro lanzamento Evergreen, de soporte técnico a longo prazo.

openSUSE 11.2 libérase en novembro de 2009 e incluíu melloras na eficiencia dos sistemas de xestión de ficheiros ext4 e inclusión de Btrfs.

openSUSE 11.3 sae en xullo de 2010. Inclúe melloras no sistema Btrfs e a inclusión de LXDE na instalación.

openSUSE 11.4 sae en marzo de 2011. Neste lanzamento mellorase a escalabilidade da memoria virtual e a xestión de procesos, o arrinque de procesos. Axilízase a actualización de repositorios e instalación de paquetes de software.

Serie 12