O tregamí, trigami ou gambirí é unha lingua falada no val do río Trigam nas vilas de Gambir, Cathar e Devoz no distrito de PechIranica Online na provincia do Nuristán no Afganistán. O tregamí está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Características Non se lle coñece un nome autóctono, a xente di falar gambirí ou devozí, dependendo da vila. Os lingüistas puxéronlle o nome do val do río Tregam por estar estas tres vilas nese mesmo val. O tregamí pertence á familia de linguas indoeuropeas, na rama indoirania e dentro desta no grupo nuristanio.

Segundo estimacións de Ethnologue o número de falantes é de 1.000 (datos de 1994), pero segundo Richard F. Strand, nos seus estudos sobre as linguas nuristanias, son uns 3.000 (datos de 2000). Ten un léxico similar ao Calaxa (Calasha pronunciado /kalaśa/ cun s retroflexo), entre 76% ao 80% de similitude.

Notas

Categoría:Linguas de Afganistán Categoría:Linguas nuristanias