Dravograd (en alemán Unterdrauburg) é un concello de 8.863 habitantes e 105 km², na Eslovenia setentrional, sito no lugar en que o río Drava atravesa a fronteira austro-eslovena.
Xeografía Dravograd érguese na parte norte de Eslovenia, na confluencia de tres ríos: o Drava, o río Meža e máis o Mislinja. A vila, habitada desde época romana, conserva a igrexa románica de San Vito, datable en 1117, e as ruínas do vello castelo, chamado stari grad.
O municipio consta de 24 localidades, reagrupadas en 5 comunidades locais: Dravograd, Črneče (en alemán Schwarzenbach ), Libeliče (en alemán Leifling ), Šentjanž pri Dravogradu (en alemán Sankt Johannes ), e Trbonje (en alemán Trofin ) .
Comunicacións Dravograd é estación ferroviaria da Drautalbahn ("Ferrocarril do val do Drava", en alemán), na liña entre Maribor e Innichen (San Cándido), xa en Italia, aberta desde 1863. A autoestrada Nº 3 que leva desde Maribor até a fronteira austríaca atravesa a vila, e onde se bifurca a autoestrada nº 10-10 para Celje.
Dravograd