Ana María Josefina Alvajar López, nada na Coruña en 1918 e finada en Madrid o 31 de decembro de 2005, foi unha escritora e violinista galega.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-1-2006, p. 42.
Traxectoria Filla do político republicano César Alvajar e de Amparo López Jeán, era irmá de María Teresa, Amparo e Javier Alvajar López. Desde moi nova mostra inclinación pola música e pasou a formar parte da Orquestra Filharmónica, constituída por afeccionados baixo a dirección de Alberto Garaizábal e máis tarde da Orquestra de Cámara da Sociedade Filharmónica desta mesma cidade. Durante a guerra civil, separada de seus pais, que estaban en territorio republicano, ten que facer fronte ás dificultades económicas nun primeiro momento e máis tarde en coidar pola integridade de seus irmáns. Así, tivo que agochar seu irmán Javier nunha aldea, quen desertara do exército nacional para pasarse ao bando republicano e non puido reunirse cos seus pais, exiliados en Francia, mentres non liberaron a súa irmá María Teresa, presa no cárcere da Coruña. Por fin, puido xuntarse cos seus pais en 1940 na localidade francesa de Vimoutiers. Tras dous anos en Francia, volveu a Coruña en 1942, cidade na que se radicou até 1948, cando se trasladou a Madrid. No 2003 recibiu o Premio a la Lealtad Republicana da Asociación Manuel Azaña.
Obra Vivencias (1986) Notas sobre Amparo Alvajar, exiliada gallega (2003) Soltanto lastre (2005). Ediciós do Castro Vida persoal
Casou con Vicente Pérez García e foi nai de Javier, José Antonio, Ana María e Juan Luis Pérez Alvajar. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Violinistas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes