Mustela é un xénero da familia Mustelidae, subfamilia Mustelinae. Pertencen a este xénero o armiño, furón, o visón europeo e a donicela. O termo donicela pode referirse ao menor membro do xénero (Mustela nivalis), que se coñece simplemente como donicela, donicela común ou denosiña. O xénero posúe 16 especies existentes hoxe en día e 10 delas posúen a palabra donicela no seu nome común. Por outra banda, outros mustelinos (pertencentes tamén á subfamilia Mustelinae mais non ao xénero Mustela) teñen un nome común composto coa palabra donicela: donicela da Patagonia (Lyncodon patagonicus), donicela raiada do Sáhara (Poecilictis lybica) e a donicela de pescozo branco (Poecilogale albinucha).
Os compoñentes do xénero Mustela varían en lonxitude desde os 13 cm, no caso da donicela común ou donicela menor (Mustela nivalis), a uns 55 cm no caso do visón americano (Mustela vison). Algunhas especies de altas latitudes, coma o armiño (Mustela erminea) cambian no inverno a pelaxe a branca. Teñen corpos alongados, útiles para cazar as súas presas nos seus tobos. Usualmente, as súas colas son case tan longas coma o seu corpo. Como é habitual en pequenos carnívoros, as Mustela teñen reputación de intelixencia e astucia.
Especies Mustela africana Mustela altaica Mustela erminea Mustela eversmannii Mustela felipei Mustela frenata Mustela kathiah Mustela lutreola Mustela lutreolina Mustela nigripes Mustela nivalis Mustela nudipes Mustela putorius Mustela sibirica Mustela strigidorsa Mustela vison Mustela macrodon (extinto).
Véxase tamén
Bibliografía Nowak, Ronald M. e Walker, Ernest P., Walker's carnivores of the world, Johns Hopkins University Press, 2005.
Categoría:Mustélidos Categoría:Taxons descritos por Linné