Ofensiva foi unha banda de hardcore xurdida na cidade de Vigo.
Características
Fundados con músicos provenientes de bandas como Skacha e Kalashnikov, esta banda facía un hardcore agresivo que ben se podía encadrar co que practican as bandas do chamado New York Hardcore (Terror, Hatebreed).
A banda cantaba as súas cancións en galego e escribían os seus textos na ortografía reintegrada do galego. Após teren dado unha gran cantidade de concertos, deciden separarse a finais de 2007.
Un ano antes da súa separación, o seu vocalista, Flyn, abandona a banda. No 2006, tocan na primeira edición do Viveiro Resurrection Fest compartindo escenario con bandas como Sick Of It All ou Devil In Me.
O contido das letras era principalmente social, aínda que centrándose na crítica socio-política.
Discografía A Última Palavra (2006)
Integrantes Anxo (Gelucho) (2006-07) - vocalista Jacobe - guitarra Gontxu - baixo David - batería Panzas(2006-07) - guitarra
Ex-Integrantes Flyn (2004-06) - vocalista
Véxase tamén Ligazóns externas MySpace dedicado a Ofensiva Site Oficial de Ofensiva
Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais de hardcore punk