miniatura|dereita|500px|A vía tolosano era o camiño de peregrinación máis meridional de Francia A vía tolosana é o nome latino dun dos catro camiños franceses da peregrinación a Santiago de Compostela, a situada máis ao sur. Pasa pola cidade de Tolosa, da cal toma o seu nome, mais o punto de xuntanza e de partida estaba en Arles. Atravesa o país de etapa en etapa e franquea os Pireneos polo paso de Somport. Xa do lado español, o camiño continúa co nome de Camiño aragonés até a etapa de Puente la Reina, onde se efectúa a unión co Camiño navarro, que non é senón a prolongación doutros camiños procedentes de Francia. Desde aí, o camiño cara a urbe compostelá prosegue baixo a denominación de Camiño francés.
Historia Na saída de Arles, a vía tolosana ou vía arletanensis, que Aimery Picaud no Guía do Peregrino, Libro V, nomea vía Aegidia [a ruta de Saint-Gilles do Gard)], eran acollidos os peregrinos vindos de Italia, dos Alpilles e da Provenza, mais tamén servía , en sentido inverso, para axuntárense os romeus que chegados da Península Ibérica ou doutras partes de Francia se dirixían para Roma e tomaban, no lado italiano, a vía francigena.
O seu nome está ligado ao da capital da dinastía condal dos Saint-Gilles, que xogou, no século XII, un papel importante nas terras do Languedoc.
Ricas en historia e unidas por unha mesma lingua, a dos trobadores, estas terras viron expandirse unha das máis brillantes civilizacións da Idade Media, como o testemuñan, amén dos vestixios da antigüidade romana, as cidades, mosteiros e igrexas románicas que enmarcan o trazado desta vía cara ao sur, e que dominan os castelos e os feudos testemuño da traxedia cátara.
Este camiño estaba precedido pola Vía Domitia, que desde o col de Montgenèvre vai até Arles, pasando por Sisteron, Apt, tamén chamada Vía Francigena porque para os italianos atravesa Francia.
Había ademais un camiño paralelo, o camiño do Piedmont ou «el cami deu pé de la coste» (o camiño do pé da costa), que pasa por Saint-Bertrand-de-Comminges, até xuntarse á vía tolosana no paso de Somport.
Todos estes camiños empataban co Camiño aragonés para unirse ao Camiño francés en Puente la Reina.
A Guía do Peregrino No século XII, na súa Guía do Peregrino ou Codex Calixtinus, Libro V, Aimery Picaud dá as informacións seguintes :
Capítulo primeiro Os Camiños de Santiago
« Hai catro rutas que, conducindo a Santiago, se reúnen nunha soa en Puente la Reina, unha pasa por Saint-Gilles (do Gard), Montpellier, Tolosa, e Somport, (...) »
Capítulo IV Corpos santos que repousan na ruta de Santiago e que os peregrinos deben visitar.
Ante todo os que van a Santiago pola ruta de Saint-Gilles, deben render visita en Arles, o corpo do benaventurado Trófimo, confesor, a súa festa se celebra o 29 de decembro, (...), o corpo do benaventurado Cesáreo, bispo e mártir, a súa festa se celebra o 1 de novembro, (...) e no cemiterio da mesma vila as reliquias do bispo santo Honorata, o seu oficio solemne celébrase o 16 de xaneiro, o corpo do santísimo mártir Xinès.
É preciso tamén visitar moi atentas consideracións o corpo venerable de san Xil (Gilles), piadoso confesor e abade, (...) (en Saint-Gilles-du-Gard).
Deben render visita ao corpo do benaventurado confesor Guillerme, santísimo portaestandarte (...) do rei Carlomagno, (...), no val de Gellone (Saint-Guilhem-le-Désert), a súa festa celébrase o 28 de maio.
Na mesma ruta, cómpre render visita aos corpos dos benaventurados mártires Tiberio, Modesto e Florencio, (...) (en Saint-Thybèri) ; teñen a súa festa o 10 de novembro.
Cómpre aínda, na mesma ruta, ir venerar o moi santo corpo do benaventurado Sadurniño (Sernin), bispo e mártir (...) da cidade de Tolosa; (…) ; a súa festa conmemórase o 29 de novembro.
Conclusión Non existe un «camiño histórico», falando con propiedade. Nada testemuña en certos casos o paso dos peregrinos, salvo a presenza dun corpo santo, con frecuencia ligado a unha romaxe local, como a de Saint Lizier ou a de Saint-Bertrand-de-Comminges. Ambos as dúas sobre «el cami deu pé de la coste».
Hai poucos hospitais de Santiago, ao contrario do que se ve na vía podiensis, e menos aínda confrarías que daten do grande período da peregrinación, entre os séculos XI e XIII. Por contra algúns raros testemuños datan dos séculos XVI – XVII.
O camiño principal Bouches-du-Rhône Arles, igrexa de Saint-Trophime, claustro de Saint-Trophime, igrexa de Notre dame de la Major, convento dos Cordeliers, teatro e anfiteatro romanos, sen esquecer os Alyscamps, caros a Aimery Picaud.
Gard Saint-Gilles-du-Gard, igrexa abacial bieita de Saint-Gilles. Vauvert
Hérault miniatura|250px|Saint-Guilhem-le-Désert Lunel Castries. Montpellier, a catedral de Saint-Pierre, o barrio Écusson Aniane, a súa abadía, e a ponte do diabo. Saint-Guilhem-le-Désert, a súa abadía. Saint-Jean-de-la-Blaquière. Usclas-du-Bosc, as 52 estelas funerarias discoidais, do século XII. Saint-Privat, o priorado de Grandmont. Lodève, a catedral de Saint-Fulcran Joncels, e a súa abadía. Lunas, o seu castelo. Le Bousquet-d'Orb, a igrexa de Saint Martín. Saint-Gervais-sur-Mare Bédarieux, igrexas de Saint Alexandre e Saint Louis. Le Poujol-sur-Orb Olargues: outra ponte do diabo.
Tarn 240px|miniatura|La Salvetat-sur-Agout Murat-sur-Vèbre Fraisse-sur-Agout (Hérault) La Salvetat-sur-Agout (Hérault) Anglès Brassac Burlats, antiga colexiata de Saint-Pierre Castres, as súas casas sobre o río Agout. Soual Dourgne,as súas abadías. Sorèze, antigo hospital de Saint-Jacques.
Alta Garona miniatura|275px|Tolosa, basílica de Saint Sernin Revel, os seus mercados, Montmaur (Aude) Saint-Félix-Lauragais, igrexa de Saint-Félix Cassès, as súas estelas. Seuil-de-Naurouze Montferrand (Aude) Villefranche-de-Lauragais, bastida (cidadela fortificada) do século XII. Baziège, igrexa de Saint-Étienne. Escalquens Labège Tolosa, a basílica de Saint-Sernin, a catedral de Saint-Étienne, a igrexa de Notre-Dame du Taur, a basílica da Daurade, a igrexa dos Jacobins e o seu claustro , o Convento dos agostiños, a igrexa de Saint-Pierre-des-Cuisines, a igrexa de Saint-Aubin, a igrexa de Saint-Nicolas, a igrexa de Notre-Dame de la Dalbade, a praza do Capitole, a sala dos Illustres, e máis o Hospital de Saint Jacques. Léguevin
Gers 200px|miniatura|Auch e a súa catedral L'Isle-Jourdain, antigo Hospicio de Saint-Jacques. Gimont, abadía de Planselve, igrexa de Notre Dame de Gimont. Aubiet l'Isle-Arné Auch, a catedral de Sainte-Marie Barran, igrexa de Saint Jean-Baptiste L'Isle-de-Noé, Montesquiou, Hospital de Saint-Blaise Bassoues Marciac
Hautes-Pyrénées Maubourguet
Pyrénées-Atlantiques Anoye Morlaàs, a igrexa de Sainte-Foy. Lescar Lacommande, igrexa de Saint Blaise Oloron-Sainte-Marie, a catedral de Sainte-Marie, a igrexa de Sainte-Croix Lurbe-Saint-Christau. Escot. Sarrance, Notre-Dame de Sarrance Accous Lescun O Col du Somport
Variante de Carcasona miniatura|275px|Claustro e fonte da abadía de Fontfroide Pézenas, Casa do concello, a casa dos cabaleiros de San Xoán de Xerusalén. Saint-Thibéry Béziers, a catedral de Saint-Nazaire, igrexa de Saint-Jacques, igrexa da Madeleine e o canal du Midi. Narbona, a basílica de Saint-Just, o antigo pazo dos arcebispos e a basílica de Saint-Paul-Serge. A Abadía de Sainte-Marie de Fontfroide Lézignan-Corbières Trèbes Carcasona, a igrexa de Saint-Nazaire e as fortificacións. Pezens, a capela de Sainte-Madeleine. Villesèquelande, a casa sacerdotal do séulo XII. Sainte-Eulalie Bram Saint-Papoul, a antiga abadía beneditina. Castelnaudary, a colexiata de Saint-Michel. Montferrand e o sitio do Elusiodonum. Avignonet-Lauragais
Véxase tamén
Ligazóns externas Via Tolosana Via Tolosana
Vía tolosana
en:Way of St. James (route descriptions)