José Álvaro Porto Dapena, nado en San Xiao de Narón (Narón) en 1940 e finado en Cedeira o 6 de outubro de 2018, foi un filólogo e profesor universitario galego, membro correspondente da Real Academia Española de la Lengua.
Traxectoria Licenciouse en 1967 en Filoloxía románica, acadando o doutoramento na Universidade Complutense de Madrid en 1972, onde traballa como docente ata 1997, ano no que se traslada a Galicia para facerse cargo da cátedra de Lengua Española da Universidade da Coruña. Tamén traballou no Seminario de Lexicografía da Real Academia Española colaborando na elaboración do seu Diccionario Histórico e no Diccionario de construcción y régimen de R. J. Cuervo, onde redactou a meirande parte do tomo III. Participou con outros autores no Diccionario "Coruña" de la lengua española actual: planta y muestra, ó tempo que o dirixiu.
Colaborou no Diario de Ferrol, onde escribe todos os domingos un espazo titulado "Con nome propio" no que trata, preferentemente, a toponimia da comarca de Ferrol.
ObraListado de obras en Dialnet, Universidade da Rioxa. El gallego hablado en la comarca ferrolana. USC, 1977. ISBN 84-7191-018-7 Los pronombres. Edi-6, 1986. ISBN 84-85786-95-5 El verbo y su conjugación. Arco/Libros, 1987. ISBN 84-7635-031-7 Tiempos y formas no personales del verbo. Arco/Libros, 1988. ISBN 84-7635-052-X Del indicativo al subjuntivo. Valores y usos de los modos del verbo. Arco/Libros, 1991. ISBN 84-7635-093-7 Complementos argumentales del verbo: directo, indirecto y suplemento y agente. Arco/Libros, 1992, reimpr. 1994. ISBN 84-7635-112-7 El complemento circunstancial. Arco/Libros, 1993 (xa na 3ª edición). ISBN 84-7635-119-4 Oraciones de relativo. Arco/Libros, 1997. ISBN 84-7635-262-X Relativos e interrogativos. Arco/Libros, 1997. ISBN 84-7635-263-8 Manual de técnica lexicográfica. Arco/Libros, 1997. ISBN 84-7635-508-4 Diccionario toponímico do concello e ría de Cedeira. Universidade da Coruña, 2014. ISBN 978-84-9749-607-0
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina da Universidade da Coruña . El español en contacto con otras lenguas , artigo, Instituto Cervantes.
Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Nados en Narón Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Académicos correspondentes da Real Academia Española