Unha cooperativa de vivenda é un tipo de cooperativa que ten como obxectivo proporcionarlles aos seus socios vivendas, locais e outros bens inmobles, adquirindo solo para construír e urbanizar. As cooperativas de vivendas, como sociedades promotoras de vivendas, é un dos mellores xeitos para acceder a unha vivenda de calidade.

É unha das figuras máis representativas da chamada economía social.

Cooperativa de vivenda en cesión de uso O modelo de cooperativa en cesión de uso é un sistema moi desenvolvido en Dinamarca e o Uruguai. No Estado Español as primeiras cooperativas foron no ano 2011 en Estremadura, estendéndose despois a Barcelona e Madrid. Aínda que cada cooperativa funciona do xeito que os seus membros decidan, as principais diferenzas da cesión de uso coa propiedade privada son: As vivendas non poden ser nin vendidas nin alugadas, tan só se pode transmitir o dereito a uso. Págase un dereito de uso cuxo importe é moi inferior a un alugueiro ou a unha hipoteca. Este dereito inclúe a maioría de servizos como a auga, a calefacción, recollida de lixo… Os edificios adoitan ter espazos comúns para todos os membros como lavandaría, sala de festas… Disponse dun fondo monetario que pode ser utilizado para reformas das vivendas ou do edificio. Pódense conseguir ofertas comunitarias para toda a comunidade a custos máis económicos. As formas de crear estas cooperativas son varias. Pódense construír vivendas novas, comprar edificios xa construídos, rehabilitalos ou incluso converter edificios de propiedade ou alugueiro en cooperativa.

Na Galiza, na Coruña, a Cooperativa Outra Forma de Vivenda formula este modelo de cooperativa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Una vida en común. Un documental sobre la vivienda cooperativa en cesión de uso. (2024). En español e catalán con subtítulos en galego.

Categoría:Economía de España