O río do Con é un río da provincia de Pontevedra que desemboca na ría de Arousa.

Descrición Fontes Nace nas inmediacións do monte Xiabre, onde fai un remanso para formar o encoro de Vilagarcía de Arousa, que abastece á vila.

Percorrido Antes de entrar na vila descende dende montañas que case non superan os 600 msnm, pero que teñen unha media anual de precipitacións de máis de 1.500 mm. Isto provoca que o seu caudal aumente de forma intensa nalgunhas ocasións, provocando enchentes como as de novembro do ano 2006. Pasa polo centro de Vilagarcía, atravesando zonas céntricas como a do Convento de Vista Alegre. Despois de percorrer uns 15 km desemboca na ría de Arousa.

Natureza

Medio ambiente O río padece verteduras incontroladas de residuos sólidos. A pesar diso abondan nel os peixes, que son visibles dende as beiras do río.

Notas

Categoría:Vilagarcía de Arousa Categoría:Ríos da provincia de Pontevedra