Juan Pablo Ordúñez (máis coñecido como El Pirata) é un locutor de radio nado en Talavera de la Reina (Toledo), en 1956. É coñecido por conducir o lendario programa de rock e heavy metal Emisión Pirata na COPE.

Nos seus máis de 30 anos de experiencia na radio, coñeceu a tódalas figuras do rock en España e entrevistou a unha gran cantidade dos grupos de hard rock e heavy máis importantes de todo o mundo, ademais de presentar numerosos festivais en España relacionados con este estilo musical.

Notas

Categoría:Xornalistas musicais Categoría:Xornalistas radiofónicos de España Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Talavera de la Reina