Honorato IV, nado en París, o 17 de maio de 1758 e finado na mesma cidade o 16 de febreiro de 1819, tamén en París, foi o príncipe soberano de Mónaco de 1795 até 1819.
Traxectoria Foi fillo de Honorato III de Mónaco e de Marie Catherine de Brignole. Casou en París o 15 de xullo de 1777 con Louise Félicité Victoire d'Aumont, duquesa de Mazarin e da Meilleraye, de quen se divorciaría en 1798. Deste matrimonio nacerán Honoré e Florestan, ambos os dous príncipes reinantes de Mónaco.
Aínda que sucedeu no título a seu pai en 1795, non puido ostentar, de xeito efectivo o título até o 30 de maio de 1814 por mor da ocupación francesa do principado. No momento da ocupación, Honorato IV foi encarcerado durante varios anos. Como consecuencia do cárcere, soportou varias enfermidades que o incapacitaron nos últimos anos polo que, despois do restablecemento do Principado, estableceuse unha rexencia para gobernar no seu nome. Esta rexencia, nun primeiro momento, levouna a cabo o seu irmán Joseph Grimaldi e, dende 1815, o seu fillo, o Príncipe herdeiro Honorato que, en 1819, sucedeuno como Príncipe Soberano co nome de Honorato V.de la Canorgue, Victor (1851). Les règnes d'Honoré V et de Florestan I, princes de Monaco (edición dixital). Universidade de Lausanne. Consultado 02-11-2018
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mónaco
Ligazóns externas Web oficial da familia principesca de Mónaco
Categoría:Príncipes de Mónaco Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1758 Categoría:Finados en 1819